A peña barcelonista San Miguel organiza unha churrascada este sábado 5 de setembro como comezo de temporada. Será no campo de fútbol das Valgas, en San Miguel de Reinante, e o menú consistirá en entrantes, churrasco, criollos, tortilla, sobremesa, café e licores. O prezo para non socios será de 15 € e 6 € para nenos ata 13 anos. O prazo para apuntarse remata o mércores 2 de setembro. Os interesados poderán contactar no teléfono 649 57 13 60. Os socios da peña decidirán ese día os desprazamentos para ir velo Barça esta temporada. Barcelona, Xetafe e San Sebastián soan con forza, ademais dos máis próximo Vigo, Coruña e Xixón. A peña ten tamén aberto o prazo de alta de socios, cunha cota anual de 36 €. Os interesados en recibir máis información podense dirixir ó correo pbsanmiguel@yahoo.es ou ben ó teléfono 649 57 13 60. Os socios da peña veñense xuntando habitualmente no Restaurante Oliñas do Mar de Benquerencia para ver por TV os partidos do Barça; polo que convidan a tódolos afeccionados culés a participar con eles os días de partido.



















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



