O Grupo Municipal Socialista do Concello de ribadeo desexa someter á consideración do Pleno unha moción sobre a redución do IVE cultural.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O 1 de setembro de 2012, o Goberno do Partido Popular impuxo unha drástica subida do IVE Cultural sobre o consumo dos seus bens e servizos, con excepción do sector do libro, fixándoo na franxa máis alta de toda Europa: o 21%. Esta medida non tivo o impacto recadatorio desexado e supuxo un claro golpe para a cultura, tanto no referido á creación como no acceso á mesma pola cidadanía.
Os datos do Ministerio de Facenda revelan que a subida do IVE Cultural supuxo unha recadación menor da esperada, á vez que prexudicou gravemente ao sector cultural español cunha perda constante de público, unha drástica diminución na creación e produción e, conseguintemente, cun aumento do paro e a destrución do tecido empresarial en sectores como o cinema, o teatro e a música.
Convén lembrar que, en termos económicos, a actividade cultural en España ascendeu a máis de 26.000 millóns de euros no 2012 (último dato publicado: Anuario de Estatísticas Culturais 2014), e a súa achega ao PIB sitúase no 3,4 %, incluídas as actividades vinculadas á propiedade intelectual. Isto supón un peso similar ou superior, no conxunto da economía, ao xerado polos sectores da agricultura, gandaría e pesca (2,5% PIB), a industria química (1% PIB) ou as telecomunicacións (1,7% PIB).
A subida desproporcionada do IVE está a prexudicar gravemente á Cultura como sector de oportunidade de crecemento económico e tamén ás posibilidades de acceso á mesma por parte da cidadanía.
A fiscalidade aplicada aos produtos da creación é unha tremenda mostra de miopía por parte deste Goberno; a Cultura, coas súas diferentes manifestacións e sensibilidades, enriquece, facilita e fortalece a convivencia na sociedade, e é un dos elementos básicos da nosa proxección internacional, sendo todo iso un dos mellores legados para as xeracións futuras.
As administracións locais non son alleas a esta problemática de forma directa. Moi ó contrario, na súa función de dinamizadoras e promotoras culturais, nalgúns casos cun papel principal, son tamén prexudicadas con esta medida.
Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Ribadeo. presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal desta MOCIÓN para instar ó Goberno de España a:
1. Reconsiderar a subida do IVE para os bens e actividades culturais, establecendo o seu tipo no 5%, mantendo o 4% para o libro.
2. Propor e defender no seo das Institucións da UE, o establecemento dun IVE reducido para a Cultura e que estea harmonizado en todo o territorio da Unión.
Grupo Municipal Socialista,
David Fernández Feijoo
3 de setembro de 2015
ALCALDE-PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE RIBADEO
















A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



