Santiago, 3 de setembro de 2015.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves que en 2020 oito de cada dez galegos, un 82% da poboación, terán acceso a gas natural grazas ao Plan de Gasificación de Galicia 2015-2020 que hoxe coñeceu o Consello da Xunta. Este plan contempla tamén que, dentro de cinco anos, haxa xa máis de 60 polígonos industriais galegos que conten con acceso a este combustible.
“Este plan permite avanzar no compromiso de dotar a nosa comunidade dunha rede de gas moderna e suficiente”, subliñou Feijóo, que resaltou que permitirá avanzar na diversificación enerxética, dinamizar a economía e contribuír ao reequilibrio territorial da nosa comunidade. No Plan de Gasificación investiranse case 195 millóns de euros e xerará “arredor de 900 postos de traballo”, segundo indicou o presidente.
Esta iniciativa será desenvolvida por Gas Natural Galicia, que incorporará 44 novos concellos á rede, ampliará a rede nos municipios que xa contaban con ela e garantirá o mantemento das infraestruturas dispoñibles. Únense á rede de gas, que contará cun total de 113 municipios adheridos, seis concellos pontevedreses (A Estrada, A Guarda, Cuntis, O Grove, Silleda e Tomiño), 19 coruñeses (Arzúa, Bergondo, Boiro, Cabanas, Camariñas, Carballo, Cariño, Cedeira, Melide, Muros, Noia, Ordes, Ortigueira, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Sada, Valdoviño e Vimianzo), seis ourensáns (Allariz, Celanova, O Barco de Valdeorras, Ribadavia, A Rúa e Verín) e 13 lucenses (Burela, Chantada, A Fonsagrada, Foz, Guitiriz, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Quiroga, Ribadeo, Sarria e Xove).
Gasificación dos polígonos
A gasificación de 20 novos polígonos industriais, que se suman aos 43 que xa o estaban, permitirá ademais que a rede supere os 4.000 quilómetros de extensión e que creza máis dun 50% o número de puntos de subministro, ata chegar aos 370.000.
Cómpre salientar, segundo dixo Feijóo, que se prevé que o proceso de gasificación en Galicia, entre os anos 1998 e 2020, acade “un aforro conxunto acumulado na factura enerxética de máis de 5.400 millóns de euros” e tamén que evite “a emisión de preto de 14 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera”.
Por último, o Plan de Gasificación tentará impulsar un cambio no modelo de transporte, de acordo coas políticas que promove a Unión Europea. Apóstase así polo uso do Gas Natural Comprimido nas flotas de autobuses urbanos e camións do lixo das sete grandes cidades, para o que Gas Natural Galicia instalará, de forma inmediata, puntos de distribución. Isto súmase ao impulso que Galicia lle está a dar ao Gas Natural Licuado como combustible no transporte marítimo, a través do desenvolvemento do hub do porto de Ferrol. “Aspiramos a converter a Comunidade no centro de referencia de distribución enerxética do noroeste peninsular, facilitando aos buques un novo tratamento enerxético que substitúa ao gasóleo tradicional”, concluíu Feijóo.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



