Santiago, 5 de setembro de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de rematar as obras para a continuación das beirarrúas da estrada LU-162, en Cangas de Foz, no concello lucense de Foz.
As obras foron adxudicadas á empresa Construcións Isidro Otero, S.L. por preto de 190.000 euros (186.931,71 euros). A actuación complementa á realizada no ano 2013 polo goberno autonómico noutro treito da travesía de Cangas de Foz, na que se investiron algo máis de 212.000 euros.
Con esta actuación, mellorarase a seguridade viaria da estrada Ferreira de Valadouro – Cangas de Foz (LU-162) ao seu paso por Cangas de Foz ao dotala de beirarrúas polas dúas marxes, nunha lonxitude de 475 metros.
A actuación desenvolverase entre os puntos quilométricos 11+370 e 11+945. Neste punto as novas beirarrúas conectarán coas executadas hai dous anos ata o final da estrada (na intersección coa N-642), que sumaron mais de 500 m de lonxitude. Deste xeito, os veciños contarán con case un quilómetro de beirarrúas continuas polas dúas marxes deste vial.
O proxecto contempla ademais a disposición dunha rede de recollida das pluviais nas dúas marxes da estrada, que se conectarán coa rede existente.
O prazo de execución das obras será de catro meses, polo que as obras estarán finalizadas neste outono.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



