San Cibrao, 21 de setembro de 2015.- Alcoa San Cibrao organizou a IX Semana Galega da Seguridade na Mariña, que se celebra do 22 ao 24 de setembro no Pavillón de Deportes de San Cibrao (Cervo), cun enfoque particular nun tema de interese xeral para todos os cidadáns como é a xestión eficaz das urxencias e seguridade no fogar.
Os alcaldes de Cervo e Xove, Alfonso Villares e Demetrio Salgueiro respectivamente, acompañarán á directora da planta de Alúmina de Alcoa San Cibrao, Raquel Vázquez, e ao Subdirector Xeral Técnico e de Planificación do ISSGA, Fernando González Abeijón, na inauguración das xornadas no Pavillón de Deportes de San Cibrao, onde se instalarán os stands de distintas empresas participantes e desenvolveranse distintos talleres e actividades.
O evento, coordinado por Miguel Carrillo, Xefe de Saúde e Seguridade de Alcoa San Cibrao, lévase a cabo coa colaboración do Concello de Cervo, Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), FREMAP, así como distintas institucións e proveedores de materiais e servizos de Prevención de Riscos. Esta edición repite o seu obxectivo de fomentar a cultura da saúde e a prevención de riscos laborais mediante conferencias divulgativas, talleres prácticos e coloquios impartidos por expertos e dirixidos a profesionais, asociacións veciñais de Cervo e Xove e a empregados do complexo industrial da Mariña. Unha vez máis, os alumnos de Primaria e Ensinos Medios tamén contarán con actividades para introducir a cultura da seguridade nas etapas educativas máis temperás.
A xornada inaugural iniciarase coa exhibición de vehículos das Forzas de Seguridade, Bombeiros e Ambulancias, un simulacro de urxencia coa participación da Brigada de Urxencia de Alcoa, Previnsa e un helicóptero de Garda Costas de Galicia. O programa continuará coa presentación da Unidade Militar de Urxencias, unha conferencia sobre plans de urxencia de Protección Civil, que tamén realizará exercicios de descontaminación de persoas.
A xornada do 23 de outubro inclúe unha diversidade de actividades dirixidas por expertos dos distintos corpos de seguridade e salvamento, así como de empresas especializadas, en temas como o uso de desfibriladores, os traballos en altura, que facer en caso dun accidente de tráfico, a excarcelación dun vehículo e prevención de roubos no fogar, ademais de sesións vespertinas centradas en aspectos da seguridade laboral, como a prevención de lesións nas costas, a seguridade no mar e a protección contra incendios en instalacións industriais.
A xornada de clausura inclúe un taller para nenos sobre seguridade vial, ademais de profundar en aspectos como a seguridade laboral como os espazos confinados, os plans de autoprotección, prevención de accidentes en PYMES, e outros de interese xeral como a prevención de lesións no fogar e de lesións nas costas.
A Semana da Seguridade de Alcoa San Cibrao consolídase como foro de referencia na comunidade autónoma en prevención de riscos laborais e saúde, cunha variada oferta de calidade en todos os aspectos tratados, grazas á participación de entidades como as forzas de seguridade -Garda Civil, Policia Local, Bombeiros, Ambulancias, Garda Costas de Galicias e Protección Civil, ademais de entidades como Fremap e Garsam. Estas xornadas, que cada ano congregan a numerosos profesionais de toda Galicia, ademais da cidadáns e mozos da Mariña, son unha demostración do forte compromiso de Alcoa coa saúde e a seguridade no traballo que fai extensivo á comunidade da contorna, mediante a promoción das mellores prácticas e a prevención.
Alcoa, líder en España no sector do aluminio, considera que os seus logros en saúde, seguridade laboral e medio ambiente son un dos seus principais indicadores de liderado global. Neste contexto, a fábrica de San Cibrao asumiu o compromiso de traballar de xeito seguro e responsable, respectando o medio ambiente e a saúde dos traballadores e da comunidade, sen arriscar este compromiso por razóns económicas ou produtivas.



















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



