A Delegación Municipal de Deportes xunto coa de Medio Ambiente, dentro do programa de actividades para conmemorar o Día Internacional do Deporte para o Desenrolo e a Paz, celebrou este domingo 10 de abril a carreira solidaria “Gotas para Níxer” polas rúas do pobo. O pelotón, composto por máis de 50 participantes, saiu ás 12.00 da praza do Concello e seguiu o percorrido polas rúas cortadas o tráfico ata voltar ao mesmo lugar. Cada participante donou 1 euro apoiando así o programa “Gotas para Níxer” de Unicef. Os concelleiros de Medio Ambiente e de Deportes presenciaron e participaron no evento e deron a saída ao pelotón. Ramiro Fernández e Noelia Mª Ben agradecen a participación dos asistentes así como as colaboración prestada de varias asociacións, comercios e clubs locais.
