Os membros do Club Atletismo Lourenzá participaban este domingo 10 de abril no Campionato galego de milla en ruta, en Sada. Marcos, Marisa e Loli volvían con tres medallas: dúas de prata e un ouro. MARCOS proclamábase subcampión galego da súa categoría (35-40); LOLI tamén conseguía o segundo posto da súa categoría e MARISA conseguía o primeiro posto da súa categoría (veterana A) na carreira popular organizada paralelamente ao campionato.
Así, Marcos, Marisa e as súas dúas fillas AINARA (infantil) e IRIA (benxamín) conseguen 4 medallas desta milla en ruta: ouro, prata e bronce do campionato para Iria, Marcos e Ainara, respectivamente; e ouro para Marisa na carreira popular.
E Óscar Buján, conseguía novo triunfo no V Cross de “Muniellos” (9 km) e Martín Álvarez Espinar era prata.