Foz, 11 de abril de 2016.- A asociación cultural A Pomba do Arco vai organizar a segunda edición da súas Xornadas “Sentirmos a Arte”, no marco do Mes das Artes Plásticas da Mariña, na que se recolle una chea de actividades dos artistas plásticos mariñáns, e na que se pode visitar no Cenima de Foz unha exposición de Celso Dourado, Mauro Leivas, David Catá, Alberto Pena, Hector Manasé e Raimundo Rubal. A asociación focega realiza unha serie de mesas de debate na que se abordará, como tema principal, o estado actual da arte e que se desenvolveran entre os días 18 e 21 de Abril ás 20.30 horas no salón de actos do Cenima de Foz.
Primeira charla:Creamos para crecer
O luns 18 de Abril ás 20.30 comezará esta actividade coa intervención de Alberto Pena Rei, natural de Foz é licenciado en Belas Artes, o seu traballo artístico é unha mestura de fotografía, pintura e instalación, especialidandose nos últimos anos na “Arteterapia” despois de formarse na “Terapia Gesalt”. Alberto Pena dará a coñecer a súa obra, abrindo paso a un debate sobre a mesma no que os asistentes poderán formular ao poñente as preguntas que considere oportunas e debaterase entre os presentes sobre a técnica, a disciplina e as funcionalidades do seu traballo.
Segunda charla: O novo audiovisual
O martes 19 ás 20.30, terá lugar no Cenima a segunda das charlas debate. Nesta ocasión contaremos coas mariñáns Montse Rego, fotografa, escultora e deseñadora, e con Ruht Chao, productora e cineasta, que nos achegaran as súas experiencias no mundo audiovisual, amosandonos exemplos da súa obra e explicando cal é o seu proceso de creación. Neste sentido merece a nosa consideración o grande despegue que estas disciplinas artísticas están a ter na Mariña, cun grande numero de mariñaos que están a destacar nesta faceta na Galiza e no mundo.
Terceira charla: A arte que ven
O mércores 20 ás 20:30 terá lugar no Cenima a terceira das charlas debate. Nesta charla contaremos coa presenza da mariñao Miguel Anxo Rodríguez, profesor de historia da arte na USC e reputado crítico que nos falará nas novas tendencias artísticas, das mudanzas no proceso de creación, na percepción da obra polo público na historia así como dos movementos de renovación artística que se están a vivir a día de hoxe. Asemade propoñerá unha interpretación de diversas obras da arte clásica e das posíbeis lecturas, moitas delas contrapostas, que se están a facer desde a crítica.
Cuarta charla: O debuxo humorístico
O xoves 21 ás 20:30 terá lugar no Cenima a terceira das charlas debate. Nesta ocasión o artista convidado será Luis Dávila “O Bichero”, un dos debuxantes humorísticos máis coñecidos e recoñecidos de Galiza, mantén unha viñeta diaria en diversos xornais galegos e autor de varios albunes de dibuxo e da imaxe gráfica de diversas empresas e eventos culturais e festivos, sendo este ano o autor da imaxe gráfica do “Antroido de Foz”. Luis Dávila “O Bichero” fara unha demostración en directo da súa técnica de debuxo e do seu humor, elaborando caricaturas e tiras cos presentes.
A Pomba do Arco quere convidar a toda aquela persoa que se interese un pouco pola arte mariñá a participar nesta interesante actividade que como xa dixemos terá lugar entre os días 19 e 21 de abril ás 20.30 no Cenima de Foz.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



