Lugo, 11 de abril de 2016.- A Comisión técnica do Centro de Recría mantivo este luns unha xuntanza no Pazo de San Marcos para avanzar na elaboración da memoria do primeiro centro de recría de gando vacún público en España, que construíu con 12 millóns de euros a Deputación de Lugo nas instalacións da Granxa Gayoso Castro. Francisco Sineiro e Eduardo Yus son dous dos reputados profesionais que participan na elaboración deste documento, imprescindible para a posta en marcha do centro, que avalía aspectos sociais, xurídicos e financeiros, entre outros.
A Comisión tamén está a elaborar un estudo de mercado para que os custos do primeiro centro de recría de gando vacún público en España sexan os máis competitivos e para que estas instalacións públicas aforren cartos aos gandeiros pola recría, cumprindo co fin para o que naceron.
A creación da comisión técnica e a elaboración da memoria sobre o centro de recría é unha obriga legal previa para levar ao Pleno Provincial a proposta de aprobación do modelo de xestión do Centro de Recría.
A comisión está composta por un total de 8 membros, no que destacan persoeiros de grande prestixio do ámbito universitario. Concretamente, a comisión intégrana: Francisco Sineiro García: Profesor de economía agraria na Universidade de Santiago de Compostela. Foi director territorial do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (1987-1989) e Conselleiro de Agricultura, Gandaría e Montes. Eduardo Yus Respaldiza: Profesor e investigador da Facultade de Veterinaria de Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolveu traballos e estudos relacionado coa produción leiteira e cárnica en explotacións galegas. Ademais, tamén se inclúe o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Deputado de Medio Rural e do Mar, Lino Rodríguez Ónega, así como Técnicos Provinciais do Servizo de Intervención, Contratación e Secretaría Xeral.
A través do Centro de Recría, as explotacións lucenses serán máis produtivas e rendibles xa que, facendo a recría no centro os animais acadarán un alto valor produtivo e xenético, e os gandeiros terán máis tempo e recursos para dedicarllos ás vacas. Ademais, tamén aforrarán na compra de forraxe, reducirase a contaminación ambiental, e descenderá tamén a carga gandeira, o que pode darlle acceso aos profesionais do sector a novas axudas públicas.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



