Mondoñedo, 01 de abril de 2017.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presentou esta mañá a aplicación informática para dispositivos móbiles e a web asociada, mondonedo.elcaminoentumano.com, que dende a administración local crearon para a promoción dos recursos turísticos e das rutas de sendeirismo do municipio. A rexedora puxo en valor este proxecto promovido polo Goberno local, quen segue organizando os recursos da cidade e poñéndoos en valor para que o visitante poida ver que se “está ante un destino cheo de oportunidades”.
Candia explica que “o noso obxectivo foi o de constituír unha ferramenta que contén toda a información necesaria para coñecer todos os recursos turísticos do concello de maneira detallada así como todos os recursos asociados que se poidan necesitar para programar e gozar a visita de maneira completa e satisfactoria”. A plataforma web vinculada á aplicación móbil consegue, ademais, facer a información máis accesible ao ser posible a “súa consulta de maneira cómoda a través dunha pantalla máis grande”, matiza.
Dende o Goberno local expoñen que cada día máis persoas buscan na rede a información que lles leva a decidirse por un destino concreto e, “unha vez decidido, a coñecelo con maior detalle para gozar ao máximo das súas potencialidades”, engaden. Así, precisan, a rede contén multitude de fíos de información turística onde, na maior parte dos casos, a localización adoita ser un plano de difícil lectura, ademais “é necesario consultar por canles diferentes os lugares nos que nos podemos aloxar, comer ou descansar, por exemplo”. Así, esta proxecto “cobre un oco existente no mercado das aplicacións para móbiles especializadas na promoción de recursos turísticos e facilita a información de xeito cómodo e ordenado”
Contido e funcionamento da aplicación
A aplicación Camiños de Mondoñedo, As rutas de sendeirismo e os servizos do concello de Mondoñedo na túa man, estrutúrase en dous troncos principais, un baseado na información e outro na xeolocalización.
O contido da información, que se pode consultar de igual forma tanto dende a plataforma web como dende os dispositivos móbiles, contén datos e fotografías dos recursos turísticos, ademais de xeolocalizarse estes recursos sobre a cartografía dispoñible de maneira que “podamos coñecer a súa posición exacta, a nosa e os movementos dunha a outra”. Ademais, a aplicación contén información adicional que o visitante pode necesitar, dende servizos (aloxamentos, restaurantes, bancos…) ata puntos de interese turístico (elementos patrimoniais, naturais, lúdicos…).
De igual xeito, na aplicación hai información sobre as rutas de sendeirismo, tanto xeral (descrición da mesma, características…) como do seu trazado (tipo de pavimento, perfil, accesibilidade…) e inclúe tamén diferentes opcións tales como alternativas accesibles para evitar tramos difíciles, por exemplo.
No que se refire á xeolocalización, o sistema de gps dos dispositivos móbiles permite situar ao usuario no interior da aplicación e poder ver o que hai ao seu redor. “Permite localizarse sobre o terreo; localiza aos seus amigos no seu dispositivo móbil, o que facilita o control dos grupos; permite unha chamada directa de emerxencia; pódense realizar fotografías que aparecerán situadas no lugar que se fixeron; indícase como chegar a cada un dos recursos contidos na aplicación dende a posición actual…”, enumeran.
Por último, entre outras potencialidades deste proxecto, atópanse tamén a posibilidade de consultar a situación meteorolóxica para o día que se vaia facer a visita e seleccionar o idioma.























Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



