Burela 2-4-17. A primeira parte do derbi galego entre Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar comezou con ambos equipos marcando un ritmo alto e con transicións rápidas cara a meta rival. Con dominio alterno o choque transcorría sen ocasións claras de gol ata que se superou o ecuador. Tralo minuto 10 empezou o duelo nas porterías, Jozi evitou que o Poio adiantásese, minuto 13. A resposta local chegou por mediación de Judith tras pase de Dany e acto seguido chegou a réplica visitante que se atopou de novo coa boa intervención de Jozi.
Co marcador inicial chegouse ao descanso e na continuación o Pescados Rubén comezou dominando e gozou de tres boas ocasións por mediación de Dany que non logrou axustar ben os seus disparos. O Poio superou o acoso inicial das locais para dar paso a unha fase máis equilibrada aínda que o Pescados Rubén Burela mantiña a iniciativa ofensiva. Tras unha breve pausa o xogo volveu aumentar de ritmo e o Poio Pescamar gozou dunha boa ocasión cun disparo de Jessi ao pau, minuto 30. A resposta laranxa levou a firma de Bea Mateos pero o seu disparo frouxo foi detido por Silvia. O choque entrou nun intercambio de golpes e as visitantes roldaron o gol pero as burelistas responderon cun fulgurante e efectivo contragolpe para abrir o marcador. Cilene asistiu a Dany que elevou o 1-0 ao marcador, minuto 34. O Poio Pescamar non baixou os brazos e no minuto 37 empatou o derbi (1-1) cun gol de Jessi. No último minuto o Pescados Rubén Burela intentouno con Bea Mateos de porteira xogadora pero o marcador permaneceu impasible, finalizando o derbi con reparto de puntos.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Bea Mateos, Cilene, Shio -cinco inicial- Judith, Lara, Elvira, Sofía,
Poio Pescamar: Silvia, Ceci, Ale de Paz, Jessi, Jenny -cinco inicial- Patri, Carol, Suki.
Goles: 1-0, m.34, Dany; 1-1, m.37, Jessi.
Árbitros: Dans Rei, Martínez Pena. A Coruña. Cartón amarelo a Cilene (min.4), Elvira (mim.12) do Pescados Rubén Burela.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 23 da Primeira División. Disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 400 espectadores.
























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
