Ribadeo, 17 de abril de 2017. Acisa fai un balance moi positivo da Semana Santa de 2017. Desde a directiva subliñan que “a ocupación hoteleira estivo nos días festivos no 100% practicamente e o resto da semana tamén foi moi alta. Aínda hoxe, luns, é un día importante para o sector, debido a que é festa en varias comunidades autónomas españolas como Cataluña, País Vasco, La Rioja, Navarra, Valencia e Baleares”.
O presidente de Acisa, David Martínez, sinala que “daba gusto ver as rúas cheas de xente, os parques, as terrazas dos bares, os restaurantes e puntos como o porto, o paseo marítimo, Rinlo ou a praia das Catedrais. Milleiros de persoas elixiron Ribadeo para descansar e para gozar das vacacións de Semana Santa e iso é motivo de orgullo para Acisa e tamén para os seus asociados”.
E engadiu que “é certo que son datas complicadas porque en moi poucos días se rexistra e se concentra un movemento importantísimo de xente, pero os nosos asociados e asociadas traballaron duro para ofrecer o mellor de si á súa clientela e seguirán a facelo día a día”.
David Martínez agradeceu que “a xente, os turistas, sigan vindo a Ribadeo, porque temos moito que ofrecer. Poden facelo durante a Semana Santa ou durante o verán, pero tamén noutras épocas do ano. A nosa gastronomía, o noso paisaxe, a nosa riqueza monumental sorprende a que non visita en calquera momento. E quero agradecer tamén o traballo e o esforzo realizados por bares, hoteis, restaurantes e polo noso comercio para atender aos milleiros de persoas que estes días pasaron por Ribadeo”.























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



