Mondoñedo, 14 de maio de 2017.- Mondoñedo acolle entre o 10 e o 20 de maio un curso de segundo nivel de prevención e loita contra incendios urbanos e forestais promovido pola Xunta de Galicia a través da Academia Galega de Seguridade Pública e o Goberno local do Concello de Mondoñedo. O curso ten unha duración de 20 horas lectivas.
Ata o de agora xa se teñen celebrado catro sesións nas que o xefe de sala do Servizo Provincial Provincial de Emerxencias de Lugo, Manuel Jesús Fernández Meilán, impartiu formación sobre conceptos xerais e o cabo de extinción de incendios do Concello de Cervo, Mario Antuña, ocupouse dos conceptos xerais sobre incendios urbanos.
O curso seguirá a desenvolverse o luns día 15, o martes día 16, o xoves día 18, o venres día 19 e o sábado día 20 en horario de oito a dez e media. Os tres primeiros días da semana vindeira o médico de emerxencias 061 Juan Castro Trillo impartirá ensinanzas sobre primeiros auxilios. O venres e o sábado o enxeñeiro técnico agrícola Juan Manuel Lamas falará sobre conceptos xerais e incendios forestais.
Destinatarios dos cursos
Os cursos que se organizan están destinados a todos os voluntarios de Protección Civil. Dende a agrupación local queren informar a todos aqueles que estean interesados en formarse que deberán estar inscritos como voluntarios, para deste xeito constar no listado de Protección Civil Lugo, así como na Academia Galega de Seguridade Pública.
Dende a Agrupación local agradecen a colaboración que tiveron os voluntarios durante estes meses con numerosos operativos, o que fixo que puideran participar en todos eles.
En concreto, o curso de prevención e loita contra incendios urbanos e forestais convócase no ámbito da formación continua para o persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado co Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo Fondo Social Europeo 2014-2020 de Galicia.
Ao finalizar a actividade a Academia Galega de Seguridade Pública entregará un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada e superen a proba final.























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



