Ribadeo, 15 de maio de 2017. Este martes, ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán 2017 do Concello de Ribadeo, que nesta edición ofertan como novidade rugby praia. Están destinadas a rapaces/as nad@s entre 2002 e 2009. O concelleiro de Deportes, David Rivas, subliña que “o prezo de cada escola segue sen subir e mantense nos 40 euros”.
Nenas e nenos ribadenses poderán gozar este verán de actividades como pesca deportiva, piragüismo, remo, surf, vela e rugby praia. Rivas explica que “o prazo de matrícula estará aberto desde mañá ata o inicio da escola ou fin de prazas. Pode facer na Casa da Xuventude de luns a venres de 9 a 14 horas e os xoves de 16 a 19 horas”. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao seguinte teléfono 982 129 889, ao correo deportes@ribadeo.org ou ao perfil de facebook www.facebook.com/DeportesRibadeo
En pesca deportiva ofértanse 20 prazas. O curso será os días 3, 5, 7, 10, 12, 14, 17, 19, 22, 26 e 28 de xullo de 10 a 14 horas. En vela haberá 15 prazas. O curso impartirase en xuño de luns a venres de 16 a 20 horas. Empeza o día 16.
En surf as prazas que se oferta son 20. En xuño celebrarase de martes a venres de 16 a 18 horas e dará comezo o día 6. E en xullo terá lugar do 3 ao 7 de 16 a 18 horas.
En piragüismo haberá tamén 20 prazas e a presentación será o 26 de xuño ás catro da tarde.
Establécense dous grupos, A e B, que os luns de xullo e tamén os días 7, 17, 21, 23 e 24 de agosto recibirán clases de 16 a 19 horas. Ademais o grupo A asistirá os martes de xullo e os días 2 e 9 de agosto de 16 a 19 horas. E o grupo B os mércores de xullo e os días 3 e 10 de agosto, no mesmo horario de catro a sete da tarde.
En remo ofértanse 30 prazas. A escola terá lugar en setembro. Os luns, martes, xoves e venres será en horario de 19 a 21 horas e os sábados de 10 a 12:30 horas. E 30 prazas haberá tamén en rugby praia, que se impartirá os luns, xoves e venres de xullo en horario de 10:30 a 13 horas.
Desde a Concellaría de Deportes lembran que “nestas escolas con límete de prazas teñen preferencia os empredoad@s/escolarizad@s en Ribadeo”. E engaden que “o pagamento da taxa deberá facerse efectiva na conta corrente do Concello en Caixa Rural antes do inicio da escola. No concepto debe poñer Matrícula escola deportiva e debe figurar o nome do matriculado. O resgardo debidamente cumprimentado ten que ser entregado na Casa da Xuventude. A falla do ingreso implicará a baixa na/s escola/s”.






















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
