Lugo, 26 de agosto de 2017.- A Xunta destina 57.155 euros a 31 agrupacións de voluntarios de protección civil da provincia para colaborar na compra de equipamento e outros gastos correntes que posibilitan o seu funcionamento dentro dos respectivos concellos e a colaboración nos plans e programas de protección civil do Goberno autonómico.
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ven de resolver a orde de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupación de concellos, na que entran por primeira vez as agrupacións de Cervantes e Trabada, constituídas este mesmo ano.
Estas subvencións poden ser destinadas á compra de diverso equipamento, como vestimenta, elementos de protección e material informático e de comunicacións, así como a costear gastos ocasionados durante as actuacións, gastos de mantemento ou alugamento da base e medios de intervención, ou seguros do persoal e outros.
Balseiro subliñou que a Xunta traballa pola potenciación das agrupacións de voluntarios de protección civil, procurándolles vehículos e outras dotacións e tamén ofrecendo formación para os voluntarios.
Así, destacou que o Goberno galego está a realizar “un importante investimento na compra de equipamento de emerxencias, que intensificou no ano 2015 e terá continuidade ata o 2020”. Deste xeito, explicou, as agrupacións de Lugo recibiron 21 vehículos todoterreo; 8 furgóns para transporte e loxística; 13 remolques para a atención ás emerxencias; 7 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate; 10 esparexedores de sal, un remolque con carpa presurizadas para Posto de Mando Avanzado, un remolque de salvamento, 3 coitelas quitaneves e 4 equipos de rescate en vehículos -este último material a concellos con GES-.
Así mesmo, neste primeiro semestre do ano organizáronse na provincia oito cursos de formación dirixidos aos membros das agrupacións de voluntarios de Protección Civil, que sumaron en total 160 prazas.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



