Burela, 3 de setembro de 2017. A Concellería de Servizos Sociais organiza un ano máis o obradoiro de risoterapia, que se desenvolverá desde o 7 de setembro e ata o vindeiro mes de decembro. A actividade é gratuíta.
Patricia Otero explicou que “as persoas interesadas, con preferencia os/as empadroados/as en Burela, poderán inscribirse no obradorio de risoterapia, que terá lugar os xoves de 20:30 a 22:00 horas na Aula de Familia da Casa da Cultura de Burela. Comezará o vindeiro xoves, día 7 de setembro, e rematará en decembro”.
A edil burelesa dixo que “a risoterapia axuda a desdramatizar as situacións da vida diaria, desenvolvendo nas persoas un espírito optimista e competitivo, ensinándonos a mellorar a visión de un/unha mesmo/a así como do noso entorno”.
As persoas interesadas en participar neste obradoiro poden anotarse xa na Casa do Concello en horario de luns a venres de 8 a 15 horas. E para calquera dúbida poden poñerse en contacto, no mencionado horario, chamando ao teléfono 982 58 06 09, ou ben persoalmente.
Axilmente
Desde a Concellería de Servizos Sociais lembran tamén que ata o 11 de setembro está aberta a inscrición no programa Axilmente, destinado a persoas maiores de 65 anos, aínda que xa dará comezo na xornada de mañá, luns. Terá lugar en dúas quendas, os luns e mércores e martes e xoves, de 17:00 a 18:30 horas na Casa da Terceira Idade de Burela.
A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, indicou hai uns días que “se trata dun obradoiro de promoción da autonomía persoal, de carácter gratuíto, baseado na estimulación cognitiva e na prevención da dependencia. E no mesmo preténdese traballar as variables que determinan o envellecemento exitoso, de forma que incidindo nelas, as persoas maiores adquiran as ferramentas necesarias para mellorar a súa calidade de vida, ser autónomas nas actividades da vida diaria e incorporar unha serie de hábitos de autocoidado, tanto no ámbito sanitario como cognitivo”.























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



