Burela 4-9-17. O vindeiro sábado día 16 de setembro,co gallo do Betis-RC Deportivo celebraremos a nosa asamblea anual e a bonitada, todo elo na Parrillada de Jandro(mil grazas pola inestimabél axuda)
Comezaremos ás 17,00 en primeira convocatoria do día e ás 17,15 a segunda convocatoria,os puntos do orde do día serán os seguintes:
1.- Lectura e aprobación da acta anterior.
2.- Estado das contas.
3.- Información sobre os novos descontos na deportenda.
4.- Entrega de carnéts anuais de socios.
5.- Entrega dos talonarios de lotarías ós soci@s
6.- Rogos e preguntas.
Ás 18,15 veremos o partido Betis-RC Deportivo.
Unha vez finalizado o partido, ás 21,00 procederemos a degustar o príncipe azul de múltiples formas:
Tosta de bonito, croquetas, ceviche e filloas de entrantes.
Bonito á parrilla e ventresca de bonito á bilbaina de segundos. Todo elo regado cos mellores caldos e zumes da terra, postre caseiro,café e choupelo
O prezo para socios será de 10 euros e de 20 para os non socios. Para anotarvos podedes utilizar os medios habituais, o mail info@deportivistaburela.eu ou no teléfono 669381643(Patxeko)