Este martes, no paseo da Rapadoira terá lugar a iniciativa denominada A Caixiña dos Mistos, que ofrece proxeccións e obradoiros de cine para nenos e nenas maiores de 3 anos de idade. E o mércores, día 6, ás dez da noite proxectarase a película Os fenómenos, protagonizada por Lolas Dueñas e Luis Tosar e para maiores de 7 anos. Está previsto que se celebre na praza Conde de Fontao, pero en caso de mal tempo trasladarase á Casa da Cultura. Esta iniciativa da Biblioteca Pública Municipal de Foz, chamada Cine de Verán, está subvencionada pola Secretaría Xeral de Normalización Lingüística, da Xunta de Galicia, dentro do programa FalaRedes.
























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



