Lugo, 24 de outubro de 2017. O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, mantivo este martes un encontro cos usuarios de ARCHA (Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Chantada). Fíxoo xunto ao Presidente, á Vicepresidente a á psicóloga deste colectivo, Benjamín Fernández, Carlos López e Mª Rosario Ingunza Rajo. Na reunión, abordaron os resultados do programa de prevención e tratamento psicosocial de alcoholismo que desenvolve esta asociación co apoio do Goberno Provincial, pois destinou a ARCHA para este fin 15.600 euros, facendo que a Deputación de Lugo sexa a única administración na provincia que colabora economicamente con esta asociación.
Estes fondos permitiron ofrecer atención profesional a 50 lucenses, que sofren problemas co alcol, así como o funcionamento de campañas de información e sensibilización sobre o consumo desta substancia, dirixidas, especialmente, aos máis novos. Esta colaboración tamén fai posible que actualmente 23 persoas con dependencia do alcol reciban terapias individuais ou en grupo todas as semanas por parte de profesionais. Son usuarios de toda a provincia, pois moitos son trasladados directamente dende o HULA, aínda que prevalecen os de Chantada, Carballedo, Taboada, Monterroso, Antas de Ulla ou O Saviñao.
Datos sobre o alcoholismo
Na reunión de hoxe, destacaron que, segundo datos oficiais, en Galicia a porcentaxe de adultos que sofren enfermidades mentais vinculadas ao consumo de bebidas alcohólicas é o dobre da media de España. O 9,5% da poboación galega padeceu ao longo da súa vida algún trastorno relacionado co alcol. A media de idade no inicio de consumo na Comunidade galega é 14 anos. Con estas cifras, remarcaron a importancia das campañas que desenvolve ARCHA grazas á axuda do Goberno da Deputación.
Asociación Alcohólicos Rehabilitados de Chantada
ARCHA é un asociación sen ánimo de lucro fundada en 1993, que conta con máis de 100 socios e que aborda as seguintes problemáticas: alcoholismo e ludopatía. A asociación posúe unha oficina e sala de reunións, ademais de contar con varios profesionais, como unha psicóloga, unha traballadora social e varios voluntarios. Os programas que levan a cabo ao longo do ano son:
– Psicoterapia individual: a psicóloga da asociación, ofrece terapia cognitiva condutual a aquelas persoas que acaban de iniciar a abstinencia alcohólica, ben sexa mediante desintoxicación ambulatoria, unidades asistenciais ou por ingreso nos seus hospitais de referencia.
– Psicoterapia condutual familiar e de parella: A terapia neste caso céntrase no adestramento en habilidades de comunicación e no incremento da taxa de reforzamento positivo nas relacións familiares. As persoas que reciben este tratamento son pacientes que están casados ou que conviven con parellas non consumidoras de alcol.
– Psicoterapia de grupo: Permite aceptar e entender a enfermidade, que proporciona ao paciente ferramentas para a súa autonomía e preparalos para situacións de risco, ao tempo que aumenta a motivación para a abstinencia. Trátase dun grupo de persoas coa mesma patoloxía dirixido por un terapeuta.























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



