Ribadeo, 24 de outubro de 2017. O Partido Popular de Ribadeo culpa ao alcalde das consecuencias da revisión catastral porque foi el quen a solicitou.
O voceiro do PP no Concello ribadense, Jesús López Penabad, manifestou que “o alcalde solicitou no seu momento a renovación do Catastro e consecuencia disto aparecen agora no Boletín Oficial do Estado (BOE) aproximadamente 1.000 persoas de Ribadeo, con nome, apelidos e DNI, como presuntos debedores coa contías que teñen que abonar. O prazo de pago é ata o 15 de novembro. Son os atrasos desde o ano 2012 ao 2015 como consecuencia desa renovación catastral, por ese cambio de valor que se incrementou, e pásano agora todo xunto, nunha soa contía, que nalgúns casos son moi elevadas. Antes de aparecer publicado no BOE tivo que haber previamente dúas notificacións que esas persoas non recibiron”.
Jesús López Penabad pregúntalle ao alcalde, “que é tan afeccionado a publicar bandos ultimamente, por que non anuncia isto, porque as persoas que non o paguen no prazo establecido terán un recargo do 20 por cento, co cal as contías, que as hai de todos os tamaños, veríanse bastante incrementadas”.
O portavoz do PP en Ribadeo engadiu que “son os coletazos dese catastrazo do que alcalde é responsable desde o momento que solicita esa actualización do Catastro. E agora veñen as cantidades correspondentes a catro anos xuntos e faise algo grande para moitos dos afectados. Son as consecuencias dese catastrazo, polo que hai unha tempada moitos veciños de Ribadeo tiveron que pagar 60 euros e despois a suba e os atrasos que lles supuxo ese catastrazo. Os que non o fixeron naquel momento téñeno que pagar agora, porque aquí non se libra ninguén. Pola parte dos que gobernan no Concello tivérono moi calado porque lles interesa, xa que serve para engrosar as arcas municipais”.
Por outra parte, López Penabad tamén critica que o Imposto de Bens Inmobles “puido pagarse o ano pasado ata o 14 de decembro e este ano o prazo remata o 15 de novembro. E as economías están como están, polo que sería mellor para as familias poder pagalo en decembro, porque nese mes adoita haber unha paga extraordinaria, coa que sería máis fácil poder facerse cargo do pago deste imposto”.
Os responsables do PP en Ribadeo póñense a disposición dos afectados polas consecuencias da revisión catastral e atenderanos na súa sede os xoves de 19 a 21 horas.





















A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



