Lugo, 26 de outubro de 2017. O Presidente, Darío Campos Conde, e o Presidente da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Rubia Raza Gallega (ACRUGA), Cesar Dorado Pin, asinaron o convenio mediante o cal o Goberno da Deputación renova a súa colaboración con este colectivo. Faino concedéndolle unha nova axuda de 172.000 euros para continuar ata finais deste ano coa recría de exemplares na Granxa Gayoso Castro, mellorándoos xeneticamente para a súa comercialización e promoción.
Campos Conde detallou as vantaxes que supón esta colaboración, apuntando que dende a súa posta en marcha xerou beneficios de 2,3 millóns de euros e un aforro doutros 2,2 millóns para os produtores de Rubia Gallega da provincia lucense.
– AFORRO: A recría dun só exemplar durante os 18 meses deste proceso supón un custo medio de 1.650 euros. Na Granxa Gayoso Castro recriáronse preto de 1.500 novillas, derivando nun aforro de 2,3 millóns de euros para os produtores lucenses.
– BENEFICIOS: Das cabezas recriadas nas instalacións provinciais, 500 leváronse a poxas, acadando un prezo medio por unidade de 2.000 euros. Outras 800 novillas vendéronse directamente a un prezo medio moi competitivo duns 1.600 euros. Isto supuxo ata o momento beneficios de 2,2 millóns de euros, ademais de contribuír á promoción e expansión dos exemplares de Rubia Gallega dos produtores lucenses, pois estes foron adquiridos por profesionais de toda a Comunidade galega e diferentes puntos de España. Na actualidade, na Granxa Gayoso Castro estanse a recríar preto de 200 exemplares. Esta mesma fin de semana, 9 cabezas participarán na poxa de Adai.
“Hoxe renovamos a nosa colaboración con ACRUGA para continuar con este traballo de impulso aos produtores de Raza Rubia Gallega da provincia dentro da nosa aposta por unha Deputación co rural. E facémolo porque Lugo é a provincia galega que conta cun maior número de explotacións desta Raza, cunhas 1.400 explotacións, que representan o 77% do total de Galicia. Na nosa provincia contamos con máis de 30.000 cabezas de Rubia Galega, que representan o 76% do total da Comunidade Galega. Con estes datos oficiais e tendo en conta os resultados acadados, creo que é vital continuar con este traballo de impulso e defensa do sector”, subliñou Campos.
O Presidente de ACRUGA agradeceu a colaboración da Deputación “que fomenta a expansión da Raza Rubia Gallega, evitando a introdución de razas foráneas, e potencia o sector e o rural, ademais de contribuír á fixación de poboación”.
Tamén formación
A colaboración da Deputación con ACRUGA tamén inclúe formación a gandeiros e outros profesionais deste sector. Por exemplo, 90 persoas participaron nos cursos para ser xuíces en certames de gando de Rubia Galega a nivel nacional nas modalidades de amateur, auxiliar e principal, outras nos de inseminación artificial….





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



