Bruxelas, 04 de Decembro de 2017. Un total de 34 persoas, representantes das entidades SOS Arte Rupestre Galega, Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo, Sindicato Labrego Galego, Sociedade Antropolóxica Galega, Colado do Vento, Cousa de Raíces, Asociación para o Fomento do Deseño Sostible Kunterbunt, Adega, Asociación Nordés, Asociación Amig@s de historiadegalicia.gal, colectivo A Rula, Asociación Mariña Patrimonio, Asociación Cultural Irmandade de Santo Estevo, Amigos do Patrimonio de Castroverde, Anova Terra, Umia Vivo, Irmandade Illa de Tambo e o Colectivo da Defensa do Patrimonio A Forneiriña situarán no Parlamento Europeo este mércores 6 e xoves 7 de decembro as claves da defensa do patrimonio natural e cultural galego fronte a eucaliptización.
Da man destes 18 colectivos, a responsábel do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Lídia Senra, buscará proxectar dende o Parlamento Europeo a transversalidade da problemática da eucaliptización. “É urxente avanzar na toma de consciencia da transcendencia que ten o modelo forestal para un País”, valora a eurodeputada galega, “aliás, o 2018 será o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, pensamos que este encontro pode ser unha boa oportunidade para poñer en valor o patrimonio arqueolóxico que hai nos nosos montes e denunciar que o eucalipto e a industria celulosa, en conivencia coa Xunta, están a destruílo sen ningún tipo de consecuencia, a pesar de que están incumprindo leis. É por iso que quixemos centrar esta visita e poñer a énfase sobre todo na eucaliptización”, explicou.
No marco destas dúas xornadas de traballo no Parlamento Europeo, as eivas do modelo forestal galego serán trasladadas este mércores día 6 a varias eurodeputadas/os, e o xoves día 7 directamente a representantes da Comisión Europea (CE). Ese mesmo día 7, de 17.00 a 19.00hrs. terá lugar tamén unha xornada de debate e intercambio articulada ao redor de tres eixos principais.
En primeiro lugar, Manuel Miranda en representación de Mariña Patrimonio, Brais Álvarez polo Sindicato Labrego Galego e o membro do colectivo A Rula, Antón Bouzas, explicarán a situación de deterioro e destrución do patrimonio galego vinculada ás prácticas do sector industrial madeireiro.
Seguidamente, Roi Cuba de Adega e Buenaventura Aparicio Casado, coordenador do Grupo de Investigación a Laxe da Irena, enmarcarán as consecuencias do desleixo da Xunta de Galicia no coidado do patrimonio cultural galego. Abordarán especificamente a problemática dos lumes e a afección destes e da eucaliptización sobre os petroglifos.
O último panel da xornada focalizarase na procura de solucións para protexer o patrimonio fronte á eucaliptización. O presidente da Sociedade Antropolóxica Galega, Rafael Quintiá, explicará o traballo desenvolvido neste sentido pola Comunidade de Montes de Salcedo; en tanto que Tania Gómez, integrante da Asociación Kunterbunt, presentará a rede de entidades a prol do bosque galego “Cousa de Raíces”.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



