Viveiro 5-12-17. Os días 13 e 14 de decembro celebraranse no Concello de Ortigueira as Xornadas “Mares de Oportunidades” organizadas polo GALP A Mariña-Ortegal nas que se presentarán exemplos de “Boas Prácticas” no referente a proxectos de desenvolvemento territorial do medio costeiro. Durante os dous días que duran as xornadas, un total de catorce relatores exporán proxectos de temáticas moi variadas. Entre eles podemos destacar os recentes gañadores dos premios da Economía Azul, creados pola Consellería do Mar ou o “Océano Surf Museo”, que acaba de ser inaugurado no Concello de Valdoviño e que constitúe o primeiro museo dedicado integramente a este deporte.
Trátase dunhas xornadas abertas ao público en xeral, de especial interese para futuros promotores de proxectos, os cales terán a oportunidade de coñecer de forma directa os aspectos mais significativos das axudas do GALP e os factores de éxito dos proxectos presentados, así como tecer redes de colaboración e intercambio de ideas, xa que as xornadas están concebidas tamén como un espacio de networking entre os distintos axentes implicados no desenvolvemento costeiro do territorio de A Mariña- Ortegal.
Xa é posible inscribirse e obter mais información na páxina web do evento http://www.maresdeoportunidades.com/.
























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



