Lugo 11-12-17. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante esta ponte festiva, dende o mércores ata o domingo, alcanzando unha media dun 80 % de ocupación.
Os datos confirman a liña ascendente de negocio neste período que, se ben en anos anteriores xa ía en aumento, este ano logrou unha suba maior porque, segundo a APEHL, os festivos coincidiron en días máis favorables para viaxar.
A Ribeira Sacra foi a zona da provincia con máis visitantes, cunha media do 85 % de ocupación. Lugo logrou o 83 %, A Mariña alcanzou o 80 % e A Montaña e a Terra Chá, estiveron polo 75 % e o 76 %, respectivamente.
Os hostaleiros consultados sobre este balance da ponte coinciden á hora de afirmar que a maioría dos visitantes que estes días fixeron parada na provincia procedían maioritariamente do territorio nacional e a media das estancias estivo en dous días.
O venres, 8 de decembro, foi a xornada de maior ocupación. Algúns establecementos de Cervantes, Lugo, Viveiro e Monforte de Lemos puideron colgar o cartel de completo.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



