Mondoñedo, 13 de marzo de 2018.- O Concello de Mondoñedo celebrará o xoves, 15 de marzo, un acto de homenaxe á escritora, nada na localidade, Elisa Lamas, a través do que se pretende dar a coñecer a figura desta muller que cos seus escritos “se alzou en defenda dos dereitos das mulleres, converténdose así nunha pioneira do feminismo en España”.
Dende o Goberno local explican que este acto desenvólvese no marco das actividades que se están a celebrar na cidade durante este mes de marzo, promovidas polo Concello de Mondoñedo, a través do Centro de Información ás Mulleres e do departamento de Servizos Sociais, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller. “Buscamos poñer en valor e visibilizar a todas aquelas mulleres de Mondoñedo que dunha maneira ou doutra fixeron, fan ou farán historia”, explican.
Programa do acto
O acto de homenaxe a Elisa Lamas dará comezo a partir das 12 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello, ao que asistirán, entre outras autoridades do eido social, cultural e político, a Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro Orol.
O comunicador e estudoso da historia da comarca, Martín Fernández Vizoso, fará unha semblanza da vida e obra de Elisa Lama, mentres que alumnas e alumnos do IES San Rosendo de Mondoñedo lerán textos da escritora mindoniense. A continuación serán entregados os premios do concurso escolar de debuxo “Debuxando en Igualdade 2018”. A alcaldesa Elena Candia será a encargada de pechar o acto.
Biografía Elisa Lamas
“Elisa Lamas” é o pseudónimo de Elisa Maseda Arango, muller nacida en Mondoñedo no ano 1929 no seo dunha familia de longa tradición nesta localidade. Xurista de formación (estudou Dereito na Universidade de Salamanca), foi xornalista e escritora de profesión, colaborando con diversas revistas e xornais onde publicaba de forma periódica columnas de opinión e ensaio. Entre as revistas e xornais nos que colaborou Elisa Lamas atópanse Signo, Destino, La Vanguardia ou Diario 16, entre outros. Chegou a publicar un libro que recolle diversos relatos curtos da súa autoría (“Once historias perversas y una ejemplar”).
Toda a súa obra está marcada por un forte feminismo e loita polos dereitos das mulleres, nunha época difícil e complicada para tal labor. A pesar do seu labor, hoxe en día é unha gran descoñecida, sendo máis recordada polo seu marido (Manuel Jiménez de Parga, presidente do Tribunal Constitucional entre 2001 e 2004) ou polo seu xenro, Juan de Dios Ramírez Heredia, primeiro deputado pertencente á comunidade xitana.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



