Viveiro 13-3-18. Facéndose eco dun titular da prensa da Mariña e co obxecto de evitar posibles confusións entre a veciñanza, o BNG quere aclarar que o terceiro grupo político máis votado nas anteriores eleccións municipais de Viveiro, ata o día de hoxe, non se ten manifestado ao respecto do novo globo sonda lanzado moi habilmente polo Sr. Feijoo, a un ano vista das municipais, co obxectivo principal de enfrontar ao pobo de Viveiro.
A formación nacionalista lembra que o BNG de Viveiro, ao longo destes últimos anos, ven manifestando posicionamentos e facendo propostas ao goberno municipal sobre todas as cuestións que cren de interese e relevantes para a vida da veciñanza de Viveiro, con independenza de estarmos ilexitimamente privadas de representación municipal, por mor da falta de ética que demostraron no seu día os actuais concelleirosdo grupo “non adscrito”. Se ben, na polémica xerada en Viveiro, a raíz da última proposta estrela lanzada pola Xunta do PP, xs nacionalistas manifestan que non van a entrar no xogo do Sr. Feixóo, no que este ten moito interese en meter ao concello e ao pobo viveirense, e que non é outro que xerar un debate baldío sobre un hipotético mega-proxecto que, como tal en sí e dentro do plantexamento da súa inconcreción, non resolve os problemas principais de comunicación e conexión de Viveiro coa autovía do Cantábrico, que o mesmo Partido Popular se encargou de desviar da nosa costa cara a Vilalba en tempos de
Fraga. Está claro que, con esta maniobra de despiste que ademais conleva un gasto importante aínda que non se sabe moi ben en beneficio de quen, tratan de seguir gañando tempo e buscar os medios para que se prolongue o debate e a confrontación do pobo para así trasladar a súa responsabilidade á veciñanza, cargando as culpas nas nosas veciñas e veciños “de non querer o progreso para o pobo de Viveiro”, como xa sucedera no ano 2010 co goberno da Xunta do PP, que acabaron utilizando como chivos expiatorios @s
veciñ@s de Magazos, cando aprobaron de xeito unilateral o cambio de trazado da Variante de Magazos, que xa fora aprobada unanimemente no 2006 pola corporación municipal e co consenso da veciñanza.
O único certo a día de hoxe é que o PP e o goberno de Feixóo, son os responsábels de manter Viveiro aillado e sen vías de comunicación propias do noso século, o que está provocando a súa perda progresiva de peso económico e poboacional, co conseguinte perigo que isto supón para o futuro do noso concello. A única realidade que @s viveirens@s podemos constatar é a total falta de vontade amosada polos gobernos do PP, tanto de Feijoo como de Rajoy, en investir fondos públicos, que son de tod@s nós, en infraestruturas para Viveiro e a súa Comarca, e aos feitos nos remitimos, xa que exemplo temos e demasiados, como é o lamentábel estado das estradas e dos servizos ferroviarios que atravesan a nosa Comarca e que sufrimos tod@s @s usuari@s día sí ,día tamén, ou se miramos para Covas vemos como persiste o problema da perigosidade da súa travesía a pesares de que a Xunta asegurou hai meses que dentro do Plan de Seguridade Vial para Viveiro ía incluír a execución inmediata da mellora da sinalización na LU-862 ao seu paso por Covas, por non falar da parálise que sofren as obras de Saneamento da Ría de
Viveiro, ou o estado do proxecto de rexeneración da praia de Covas. O día no que o goberno do PP presente un proxecto serio e global dos trazados das variantes de Viveiro, xunto cos estudos de impacto ambiental, a súa viabilidade técnica, con orzamentos comprometidos en cada exercicio económico, cun cronograma temporal de actuacións coas fases e prazos de execución das obras contempladas no devandito
proxecto, que debe conectar Viveiro coa Autovía do Cantábrico á altura dos concellos de Xermade, Ortigueira e Barreiros para poder comunicarnos co resto do país, non teñan ningunha dúbida que ese día valoraremos o proxecto e nos felicitaremos por poder facelo.
Pero hoxe por hoxe, sen embargo, temos que seguir esixíndolle e reclamándolle cada día con máis contundencia ao Partido Popular o cumprimento das súas obrigas como goberno e o cumprimento das súas promesas electorais incumpridas ano tras ano e que non son outras que as de conectar Viveiro co resto do país.




















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



