Lugo, 18 de marzo de 2018.- Os socialistas denuncian que o Partido Popular marxina a sabendas e intencionadamente aos produtores das 6.700 explotacións de gando ovino e cabrún da provincia, pois decidiu non incluílos na campaña de promoción de consumo de carne que os populares puxeron en marcha dende a Xunta de Galicia. Estes profesionais solicitaron directamente á Consellería de Medio Rural a súa incorporación na mesma, acadando o non por resposta por tratarse dunha decisión da Presidencia do Goberno galego, que ostenta Núñez Feijóo.
O PSOE remarca a importancia deste sector para a economía da provincia, pois no conxunto do territorio lugués hai rexistradas unhas 6.700 explotación de gando ovino e cabrún, que representan o 30% das existentes en Galicia. Na súa maioría, son agrupacións familiares que non chegan ás 100 cabezas de gando mentres que unhas 80 contan con máis dun cento de exemplares, superando nalgúns casos os 250 animais.
Con este datos, os socialistas consideran que estes profesionais precisan dun maior compromiso da administración galega coas competencia directas na materia, que é a Xunta de Galicia, para impulsar a comercialización e consumo dos seus produtos. O PSOE apunta que “este é un exemplo máis da lexislatura do PP no desmantelamento e abandono do rural da nosa provincia”.
O PSOE defende a igualdade de oportunidades para todos os produtores: vacún, porcino, avícola, cunícula, cabrún e vacún…. pois todos e cada un deles precisan da implicación das administracións públicas para manter e impulsar os seus negocios, atopando oportunidades nun mercado cada vez máis global e internacional.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



