Foz, 27 de marzo de 2018. Todo está listo en Foz para a celebración da décimo quinta edición da Ruta das Tapas que organiza o Centro Comercial Aberto. Terá lugar do 29 ao 31 de marzo e contará coa participación de quince establecementos hostaleiros: Aroma Café, Bar 78, Cafetería Express, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Xoyma, Casa Maño, Fraggle Rock Café, Happy Days, O Lar de Bustos, O Muelle Bar, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón.
As tapas serviranse de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo de cada tapa é de 2 euros.
As propostas son as seguintes: Friptura no Aroma Café; Hamburguesa de mar con ali oli de allo negro e esferificacións de lima limón con chips patata vitelotte en Bar 78; Delicias de Mar en Express; Nidal turco en Mayros; Festa de sabores con notas de café, froitos do bosque e castañas en Anduriña; Trinta anos facendo Xoyma en Xoyma; Fabada 2.0 en Casa Maño; Pescaíto en Fraggle Rock; Chuchua de Mar en Happy Days; Sardina estilo Bustos en O Lar de Bustos; Iogur de polbo con escuma de maracuyá en O Muelle; Empanadillas criollas en Costumes do Mar; Crep recheo de marisco en Dandy; Saraiba no Tangarte Mariñeiro; e Nido do cuco no Tangarte mesón.
Haberá catro premios. As tres mellores tapas serán elixidas polo xurado e haberá premio tamén para a tapa coa mellor presentación, que sairá das votacións que se realicen a través da páxina de facebook do CCA focense: www.facebook.com/aciafozcca.
Desde o Centro Comercial Aberto animan “a vir a Foz esta Semana Santa a saborear as exquisitas propostas que están a preparar os establecementos participantes na décimo quinta Ruta das Tapas, que xa é unha cita clásica nestas datas. As persoas que nos visiten ademais de gastronomía tamén poderán coñecer A Mariña a través da oficina virtual, situada no edificio do Cenima, de Foz”.
Apertura Xoves Santo
Os establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz abrirán as súas portas o vindeiro 29 de marzo, día de Xoves Santo.






















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



