Burela, 28 de marzo de 2018.- O Grupo Municipal do PP burelés acusa a Llano e a Fernández Rey de “non enterarse” dos problemas existentes no servicio de recollida de lixo e limpeza viaria e incumprir as súas propias promesas electorais de remunicipalizar estas pretacións: o de subministro e abastecemento de auga e o de limpeza de dependencias municipais.
Os populares indican que, no pleno deste luns, “tiveron o cinismo e o descaro de dicir que se lle concede a prórroga á actual empresa concesionaria porque corresponde a petición da empresa, cando a concesión da prórroga é unha decisión política, non obrigada polas condicións da adxudicación”. Neste senso, tamén critican que os dirixentes locais asegurasen que estaban satisfeitos con estas prestacións, sobre todo, cando porque boa parte da cidadanía non opina o mesmo.
Para o GMP, “as promesas feitas polo alcalde no seu día non se ven por ningún lado”. Proba delo, é que o servizo non se abaratou, senón que se encareceu en 40.000’00€/ano. Tampouco se crearon máis postos de traballo (segue habendo baixas que non se cubren) e a calidade do servizo deixa moito que desexar, posto que a limpeza viaria do centro faise en horario de tarde, “o que é un despropósito”, segundo destacan os edís do PP.
“Un servizo manifestamente mellorable”
Para os populares, “a calidade do servizo é manifestamente mellorable”. “Temos abundancia de fotos ao respecto, con desbroces sen facer, recollida de papel e cartón inexistente, presenza de restos de lixo tirados nas rúas durante fins de semana”, apuntan. A estes feitos, engádese que, dende hai uns días, un dos contedores soterrados da Rúa do Río está sen tapa, co que, “ademais de reflictir a deixadez do alcalde e do tenente de alcalde en solucionar estas cuestións e as súas mentiras ao respecto, representa un considerable perigo de seguridade, xa que non queremos imaxinar a situación que se pode producir se un menor ou xoven cae pola oquedade e se precipita dentro do contenedor”, alertan.
Informes externos
Por outra banda, sinalan que os informes externos que se usan para validar o servizo prestado pola empresa, e que custan 13.000’00€/ano a todos os cidadáns de Burela, “tampouco amosan, en ningún momento, as situacións que nós podemos acreditar. Será porque os fan en diferido”, ironizan. E é que, ademais, como se ve no documento emitido no mes de febreiro, ao que os populares que tiveron acceso, e a falla dun mes para que entrara en vigor a prórroga do contrato, aínda hai mellorasofertadas pola empresa con custo cero para o Concello sen executar. “Mentras, conclúen, os sres. Llano e Fernández Rey, sen enterarse”.