Ribadeo, 4 de abril de 2018. O Partido Popular de Ribadeo critica ao goberno municipal por non invitar e nin sequera informar aos concelleiros da oposición de eventos que organiza o Concello como a Gala do Deporte celebrada o pasado luns.
O portavoz do PP, Jesús López Penabad, manifesta: “outra vez, e non nos cansaremos de repetilo porque nos parece lamentable, falta protocolo e falta educación sobre todo. Este luns houbo a Gala do Deporte e o portavoz do PP, creo que como o resto da oposición porque non estaban presentes, enterámonos polos medios de comunicación de que había esa gala. Eu achegueime ata alí e estiven no público. Resulta curioso que como membros que somos da corporación municipal, como representantes dos ribadenses pois entre PP, PSOE e Ciudadanos ao mellor temos tantos votos como teñen eles ou preto e non había ninguén dos grupos da oposición participando no acto”.
Jesús López declarou tamén: “quero felicitar a todos os deportistas ribadenses, aos que foron galardoados e aos demais que practican e loitan día a día por conseguir novas metas e novos logros. Desde o Partido Popular quero darlles a máis sincera noraboa, a alegría e o pracer de ter en tantos deportes representantes moi destacados”.
O voceiro do PP salienta que “Ribadeo tivo a cuarta Gala do Deporte, que eu definiría como a cuarta gala do BNG no deporte de Ribadeo porque os únicos representantes que houbo son os do goberno. Xa sabemos que teñen a maioría absoluta e que gobernan con rodillo, pero creo que deberíamos ser invitados todos dos concelleiros, e ademais nós estaríamos encantados de poder participar e de representar aos ribadenses. Levamos catro edicións deste evento e nunca nos invitaron á Gala do Deporte. Paréceme lamentable. Onde está o protocolo e a educación? Onde están os representantes resto dos ribadenses? Aos deportistas estrañaralles que non esteamos os concelleiros dos partidos políticos da oposición, pero simplemente é porque desde o grupo de goberno non recibimos invitación. Non nos invitan nin a isto nin a outros actos que organiza o propio Concello”.
López Penabad rematou comentando: “preguntámonos por que? Estorbamos? Só vostedes (os concelleiros do goberno municipal) teñen capacidade para poñer as medallas e despois queixarse? Non o entendemos, desde logo parécenos lamentable e seguimos denunciándoo porque segue ocorrendo día a día”.





















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



