Mondoñedo, 4 de abrilo de 2018.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, quere destacar “o esforzo e o traballo” dos organizadores da Toxiza Classic Xtreme, que este ano será a máis multitudinaria, e que se desenvolve esta fin de semana. Ademais, este ano, como novidade, inclúe unha andaina solidaria, que terá lugar o día 8, na que o fondos recadados irán destinados á Asociación Síndrome de Fires. Para o domingo 9, quedará a carreira en si.
Elena Candia agradece á asociación que “pensasen no noso concello” para desenvolver esta importante cita deportiva que reunirá en Mondoñedo a numeros participantes e, ademais, permite dar a coñecer un contorno como o da Toxiza, que a rexedora local cualifica “de valor natural inigualable”. “Sen lugar a dúbidas, como alcaldesa, é unha satisfacción que a nosa localidade sea o epicentro desta proba que reunirá a participantes de distintos lugares”, afirma.
Neste senso, e convencida de que “esta tamén é unha forma de dar a coñecer e potenciar o noso municipio”, adianta que dende a entidade local colaborarán intensamente coa comisión organizadora e impulsora, e que asistirá á marcha solidaria que terá lugar este sábado, así como á saída do domingo.
Desenvolvemento do evento deportivo
Toxiza Classic Xtreme é a terceira entrega dun evento deportivo que volverá a ser a primeira da Copa Galega de carreiras de montaña. Máis de 600 participantes xa están confirmados para participar nesta cita que discorre polos montes mindonienses.
A proba, prevista para o domingo, constará de novo con tres distancias: 14, 21 e 42 quilómetros, e con treitos nos que o desnivel pode ser de 2.500 metros. Neste caso tamén existen novidades con respecto ás edicións anteriores, pois na proba de 40 pásase a 42 e 2.500 metros positivos; mentres que a de 20 pasa a 21 e de 1.100 a 1.300 metros positivos.
A carreira transcorrirá polos montes que rodean Mondoñedo, coa Toxiza e a Fraga Vella, e cuxos propietarios son as mancomunidades de Piloalle, Figueiras, Romariz e Estelo. Neste senso, a mandataria local tamén quere agradecer aos comuneiros a súa colaboración para o desenvolvemento do evento deportivo.
A zona de saída e meta estará na Praza da Catedral, salvo na proba de 14 quilómetros, que partirá da parroquia de Estelo. A organización ten prevista unha bolsa para cada corredor composta dun bote de mel Ouro Puro, unha bolsa de fabas de Lourenzá de Casa da Lama, unha cervexa artesá de Augas Santas e unha tarta de Mondoñedo da panadería Ana. A isto engádese unha camiseta conmemorativa e unha comida de confraternidade ao final da proba.






















López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



