A Mariña, 4 de abril de 2018. O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, mostrouse decepcionado tras a reunión celebrada hoxe en Moeche, para falar do futuro do tren que percorre o litoral das provincias de Lugo e da Coruña, desde Ribadeo ata Ferrol. Llano manifestou que “non existe unha aposta decidida e clara para potenciar este tren e non se atenderon as reclamacións presentadas”. Alfredo Llano anunciou que os alcaldes van solicitar un encontro co presidente da Xunta ou coa conselleira de Infraestruturas para falar deste asunto.
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña dixo que “con esta reunión vemos que non existe unha aposta decidida e clara para ter unha boa infraestrutura, un bo tren que percorrera todo o norte. Esa é a conclusión final, que agora mesmo non se ve por ningún lado que se aposte decididamente polo tren. É algo que nos preocupa porque o tren como outros servizos básicos, como pode ser a sanidade, a educación ou as infraestruturas de estradas e autoestradas, levan consigo que pode unha zona ir para arriba, manterse ou ir para abaixo. Pensamos que é unha mala noticia para A Mariña que non se aposte decididamente por un tren, que non se atendan as nosas reclamacións de cercanías, porque penso que solucionarían moi ben moitos problemas”.
Para Alfredo Llano “a conclusión final que decidimos os representantes dos concellos, tanto de Ferrol como de Ortegal e da Mariña, e así llo fixemos ver ao representante da Xunta que estivo hoxe aquí, é ter unha reunión con responsables directos da administración galega, se pode ser o presidente mellor e senón coa conselleira de Infraestruturas. Queremos ter unha xuntanza para decidir e aclarar qué tipo de reclamacións facemos para que o tren sexa unha garantía de futuro, que se mellore e se prepare para ter a oportunidade de marcar os retos de desenvolvemento futuro da nosa comarca”.
O presidente da Mancomunidade subliñou que “teñen que ter en conta que entre as tres comarcas, A Mariña, Ortegal e Ferrol, hai máis de 200.000 habitantes. Agora vese que tanto nesa zona como na nosa están empezando a deteriorarse moitas das infraestruturas, polo tanto hai que apostar duro, e temos que saber exactamente como hai que facelo, e ir ao unísono tanto a Xunta, como os Concellos e a Mancomunidade. Non vemos que nestas reunións fagamos nada, non podemos, a xente que ven é técnica e polo tanto non podemos tomar ningunha decisión. Nosoutros vemos que non avanzamos. A única maneira que temos de avanzar é solicitando unha reunión cos responsables da Xunta para reclamar entre todos o mellor servizo que poidamos ter do tren”.
Alfredo Llano asegurou que “eu hoxe viña cunha certa ilusión porque plantexamos o noso argumento, fixémolo en debida forma e agora mesmo vamos coas mans baleiras. Preguntei pola posibilidade de meternos nalgún tren turístico e van mandar unha relación deses trens, a ver se podemos aproveitar algo desa oferta que hai no verán. Hai os trens turísticos dos faros e a ver se podemos aproveitar algunha oportunidade algún concello da Mariña. O resto hai que agardar”.
No encontro celebrado en Moeche estiveron presentes representantes de Adif, de Renfe, da Xunta e cos Concellos de Ferrrolterra, Ortegal e A Mariña.






















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



