Foz, 02 de Xunio de 2018. No Pleno do pasado mes de Maio do Concello de Foz, ”Foz, Plataforma de Futuro” votamos en contra da aprobación dos presupostos do noso Concello por varios motivos que a continuación iremos degrañando, o que demostra que son os peores presupostos desta lexislatura con diferencia, e demostra a incapacidade de xestión do Sr. Castiñeira, e o que é peor a súa mala xestión do pouco que xestiona.
Son uns presupostos que como nos ten acostumados volven a vir tarde para a súa aprobación, estes presupostos xa deberían estar debatidos e aprobados a moi tardar no primeiro mes deste ano, primeira mostra da súa inexistente xestión Sr. Castiñeira, efectivamente pode disculparse coa falta de interventor/a hasta case finais de ano pasado, pero estes anos pasados non había ese problema e sempre os trouxo para debater nestas mesmas fechas.
Uns presupostos de case 8.000.000 € nos que hai unha inversión para obras de 300.000€. Unha gran xestión Sr. Castiñeira, si señor!!!, pode estar orgulloso do que ía mellorar o noso Concello coa súa inversión en melloras de estradas, alumeados ,limpeza de cunetas, etc. Pregúntelles ós veciños das parroquias como están e canto inverteu neles durante estes anos. De que lles sírveo ós veciños a subida da contribución?, viron mellorada a súa calidade de vida durante estes anos?. Nada de nada Sr. Castiñeira.
Presupostos que para a súa aprobación, vostede intenta presionar ós partidos políticos da Oposición con chantaxes e presións doutra época. Esa é a súa forma de xestionar o Concello de Foz?. Quere botarnos enriba nosa ós empregados e residentes da residencia de anciáns, cando en tres anos foi incapaz de xestionar a súa apertura, quere botarnos enriba ás persoas encargadas da Protectora de animais cando en dous anos foi incapaz de rematar o proxecto para as novas instalacións, por certo, novas instalacións que foron nalgún momento nos presupostos porque os partidos da oposición nos xuntamos e presionamos para que así fose, porque a vostede os animais lle “poñen os pelos de punta” e lle importan moi pouco. Cambie de actitude Sr. Castiñeira porque esas presións a FPF non nos van a facer modificar as nosas decisións.
Uns presupostos engordados na súa recadación hata o 100% do recadado para encaixalos, xa que non lle daban as contas, cando é sabido por todos que nunca se recada o 100% polos impagados que hai en todos os Concellos, para que se intenta enganar vostede e mais enganar ós veciños e veciñas de Foz?.
Uns presupostos novamente engordados coa revisión catastral que estivo chegando ás casa dos nosos veciños das parroquias durante estes meses pasados en case 500.000€ , en concepto das actualizacións e atrasos dende o ano 2012 ata o 2017. É vostede un artista recadando diñeiro a base de catastrazos, sen embargo a súa falta de xestión lle impide investir ese diñeiro novamente na mellora da vida diaria dos nosos veciños.
Uns presupostos que veñen condicionados, porque durante os anos 2016 e 2017 o Sr. Castiñeira nunha nova mostra de “boa” xestión gastou mais do permitido, bueno mais non, moito mais!!!. Tiña que ter feito un Plan económico financeiro fai xa un ano Sr. Castiñeira, e a súa falta de xestión fai que aínda non o teña feito. Isto supuxo un requirimento por parte da Consellería de facenda da Xunta de Galicia para que incluíse nestes presupostos unha partida de 548.421,04€ e que non pode tocar. Sabe Sr. Castiñeira a súa nula e mala xestión fai que o noso Concello a fecha de hoxe teña practicamente intervenido pola Xunta de Galicia. Por certo no punto 3 da orde do día do pasado Pleno, FPF con responsabilidade favoreceu o acordo que había que adoptar para que o Concello de Foz non tivera outros problemas maiores pola súa incompetencia. Sr. Castiñeira siga presumindo de boa xestión económica siga.
Dice o Sr. Castiñeira que a oposición non fixo aportacións para estes presupostos, ¿Parécenlle poucas aportacións o Sr. Castiñeira cerca de 30 mocións presentadas e aprobadas por “Foz, Plataforma de Futuro” durante este ano pasado?, ¿Séguenlle parecendo poucas aportacións?. O que pasa e que vostede non se acorda do que se aproba nos Plenos, vostede fai o que lle da a gana, e cando lle votamos en contra do que vostede propón solo ten palabras para descalificarnos, votarnos ós veciños enriba para tapar a súa nula xestión, e botarlle toda a culpa á oposición.
Sr. Castiñeira durante toda esta lexislatura foi incapaz de cubrir as prazas de emprego público que están vacantes no noso Concello, foi incapaz de cubrir durante dous anos unha praza na radio Municipal do noso Concello pola excedencia pedida por un traballador. Vostede é incapaz de xestionar nada. Cada vez hai menos empregados públicos e mais empresas facendo os traballos que tiñan que facer os empregados municipais co aforro que iso suporía para as arcas municipais.
¿Con todos estes antecedentes como ten a cara o Sr. Castiñeira de pedirlle a “Foz, Plataforma de Futuro” que lle aprobe estes presupostos?.¿Como ten a cara de botarlle a culpa á oposición de que paralizamos o Concello de Foz?. Recordámoslle Sr. Castiñeira que o noso grupo xa lle axudou a aprobar os presupostos algunha vez.
O único culpable desta situación Sr. Castiñeira é vostede. Vostede é o Alcalde, vostede é quen ten que xestionar os presuposto, vostede é quen ten que intentar chegar a acordos. ¿Ou vostede que quere cobrar e que xestionemos a oposición?. Vostede cobra, vostede é o Alcalde ,vostede xestione.
Dende “Foz, Plataforma de Futuro” lle pedimos que cambie de actitude, está a tempo, que se deixe de presionar á Oposición con métodos doutros tempos, que negocie con quen ten que negociar, que está a tempo de abrir a nova residencia de maiores, que está a tempo de realizar as obras que os nosos veciños necesitan, que deixe de perder o tempo faltándonos ó respecto e ese tempo que o aprobeite en xestionar os intereses dos nosos veciños. Empece a xestionar os intereses do Concello de Foz e dos seus veciños xa dunha vez.


















Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



