A Mariña 2-7-18. Este luns dende A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, un grupo de 53 persoas (entre usuarios e persoal técnico) desprazáronse ata Outeiro de Rei para visitar en primeiro lugar o parque zoolóxico Marcelle Natureza onde, a través dun paseo entre árbores que representan un bosque autóctono, se poden observar diferentes especies animais. Seguidamente a excursión continúa polo parque ornitolóxico de Avifauna, que alberga máis de 200 especies diferentes de aves. Con estas actividades, que se encadran dentro do Programa de ocio e tempo de lecer, quérese contribuír ademáis de que os usuarios disfruten do tempo de lecer a concienciar e sensibilizar sobre a importancia do coidado da natureza.
Á tarde, antes de partir, a viaxe finaliza facendo unha pequena parada no Centro comercial “As Termas”.
Esta é unha actividade que ademais suma sinerxias entre a entidade e Cáritas Diocesana (mediante a Unidade Pastoral de Cervo) a través da súa inestimable colaboración para a realización desta viaxe, na que acompaña o párroco D. Jesús Álvarez Piñón, quen amosa unha especial sensibilidade cara o colectivo.
