Lugo, 2 de xullo de 2018. O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, acompañados de ducias de veciños, inauguraron este luns un novo aparcadoiro de autocaravanas, que financiou a Deputación con 36.000 euros en terreos de titularidade municipal. Ten capacidade para 40 vehículos e atópase na parroquia de San Pedro de Mor. Trátase da única instalación desta natureza na Mariña interior lucense.
Santos Ramos destacou a importancia desta nova área “para o impulso turístico na zona, e para a difusión do patrimonio histórico, paisaxístico e cultural da comarca”. Nestes senso apuntou que “este tipo de proxectos contribúen a incrementar o número de visitantes de Alfoz, promovendo o turismo, e a xeración de riqueza, nun entorno natural e único como é o deste Concello mariñán”.
Val Díaz agradeceu a constate colaboración do Goberno da Deputación “en proxectos que buscan pór en valor o noso territorio, aproveitando as características propias das que dispomos, nunha clara aposta pola defensa do rural”.
A zona de aparcadoiros e servizos para estes vehículos está situada ao carón do parque municipal, o campo de fútbol e o campo da festa. Conta cunha extensión de case 1 hectárea e ten capacidade para acoller a 40 caravanas. Posúe un amplo catálogo de servizos como o de auga, luz e xestión de vertidos, cos que favorecemos a estancia dos usuarios que optan por este tipo de transporte estival. A área está especialmente pensada para familias con nenos, porque conta con piscina e un parque, unha zona de descanso con castiñeiros e unha área con aparellos para facer exercicios ximnásticos.





















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



