Lugo, 14 de agosto de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou este martes que o Goberno Provincial puxo en marcha unha liña de axudas para a recuperación de terras abandonadas cun valor total de 300.000 euros, “coas que dende este Goberno Provincial reafirmamos o noso compromiso cos gandeiros e agricultores da provincia”, destacou.
“Trátase dunha liña que volvemos dende este Goberno volvemos ofrecer porque así mo trasladaron persoalmente os produtores da provincia e coa que continuamos a poñer en valor o rural da nosa provincia. Como vedes, o compromiso deste goberno co rural non é un slogan, senón unha realidade que se demostra con feitos coma este”.
Son un total de 300.000 euros dirixidos a gandeiros e agricultores a título individual; agrupacións de produtores; SATs ou persoas xurídicas coa titularidade de explotacións, que dispoñan dun mínimo dunha hectárea de superficie, ben en réxime de propiedade, aluguer, ou froito dunha cesión ou doazón.
Recuperarán as terras baldías con actividades agrícolas ou gandeiras. As plantacións forestais non están subvencionadas. A axuda por hectárea é de 500 euros, podendo recibir cada beneficiario ata 9.000 euros.
Logo da aprobación das bases destas axudas, terán que ser publicadas na Base Nacional de Subvencións e logo no Boletín Oficial da Provincia. A previsión é abrir o prazo de presentación de solicitude nos vindeiros 15 días.
Case 1.200 hectáreas recuperadas
Campos Conde lembrou que esta é unha liña de axudas totalmente pioneira nunha administración pública galega, que o Goberno da Deputación puxo en marcha durante os anos 2014 e 2015. Deste xeito, e tan só durante estes dous anos, o Executivo Provincial ofreceu axudas por valor de case 560.000 euros coas que un total de 178 agricultores e gandeiros lucenses puxeron en produción case 1.200 hectáreas de terreos baldíos na provincia de Lugo.






















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



