Os participantes, nesta ocasión, tiveron a oportunidade de realizar unha ruta en bicicleta ou monopatín polo litoral, parando en cada unha das praias, dende a da A Marosa pasando pola de Ril e chegando hasta a de Portelo. Segundo explican as monitoras de Gaia “a través desta actividade preténdese crear hábitos sans e sensibilizalos de que usen este medio de transporte de dúas rodas nos seus desprazamentos cando vaian á praia, así como dar a coñecer, disfrutar e aprender a protexer a riqueza paisaxística natural do noso litoral”.
























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



