Lugo, 25 de agosto de 2018. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde avanzou que o Executivo Provincial está executando os pasos para poñer en marcha o novo Consello Provincial de Turismo da Provincia. “Unha vez publicado no BOP, o pasado 5 de maio, e non presentándose ningunha reclamación, o texto normativo queda aprobado definitivamente. Por iso esta mesma semana puxémonos en contacto coas asociacións e entidades que forman parte deste novo ente, para que nos comuniquen o nome das persoas que formarán parte deste Consello.
Esta actuación forma parte do Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo (2017-2020), co que o Goberno Provincial esta desenvolvendo actuacións concretas, para impulsar o crecemento e a transformación do sector turístico na provincia, na procura dun modelo máis competitivo e rendible. Esta nova entidade foi reclamada polo propio sector dentro das mesas de traballo que se realizaron en torno a este Plan.
O obxectivo deste Consello Provincial é impulsar o crecemento e a transformación do sector turístico na provincia, na procura dun modelo máis competitivo e rendible, e que ao mesmo tempo, traballe en prol do desenvolvemento consensuado dos plans de actuación e promoción conxunta da marca do destino. Outras das súas finalidades é artellar xunto cos diferentes axentes da cadea turística xerar compromiso, unificar os obxectivos e colaborar en proxectos asegurando un bo modelo turístico.
Prazo ata o 14 de setembro
Trala súa publicación no BOP, o Executivo Provincial, xa puxo pon en marcha o proceso para poñelo en funcionamento, demandando a todos os organismos implicados que nomeen o seus representantes en dito Consello. Todas as organizacións e asociacións implicadas neste proxecto teñen de prazo ata o 14 de setembro para comunicar á Deputación, mediante un escrito no Rexistro, o nome e os datos da persoa que formará parte deste novo organismo de participación.
Están convocadas un total de 26 institucións, relacionadas co turismo na nosa provincia, entre as que se inclúe, a USC, a Federación Galega de Comercio, o Clúster de Turismo de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría, a Federación Galega de Turismo Rural, a Asociación Galega de Axencias de Viaxe, un representante de Auxilia, así como representantes de grupos políticos, entre outras.
Plan Estratéxico de Turismo da Provincia
Con este Plan Estratéxico, completamente participativo e aberto; establecéronse 4 eixes, 6 liñas estratéxicas, 14 plans de actuación e 71 accións a impulsar. Algunhas das actividades concretas , entre as que se atopa a creación deste Consello de Turismo provincial e participativo, un plan de sinalización vinculado ás novas tecnoloxías, mellorando a accesibilidade aos recursos turísticos da provincia, o impulso á organización de eventos relacionados coa gastronomía, fomento dunha rede de eventos culturais da provincia de Lugo, entre outras.






















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



