O Burela FS Pescados Rubén rematou nesta temporada a súa andaina no play off de ascenso a División de Honra o caer por 2-5 no pavillón Vista Alegre ante o Pinto FS. No primeiro encontro o eq... Ler máis
Ribadeo contará cunha subestación eléctrica que faciliatrá a posta en marcha o polígono industrial Ler máis
A corporación municipal de Xove acordou a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal Ler máis
O BNG de Foz está recollendo firmas para pedir que se faga un aparcamento soterrado Ler máis
Corenta familias de Burela uníronse a campaña “ti podes dar vida, aforra auga” promovida pola concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza. Os interesados en aforrar auga e partici... Ler máis
A asociación de veciños O Castro de Foz propón que os baños publico dos paseos marítimos estean dispoñibles e teñan un horario apertura. O Castro pide “a rápida solución desta situació... Ler máis
Falta de efectivos, axentes que con horas extras duplican o que ganan, mais efectivos de baixa que en activo e degradación do ambiente da relación laboral son, entre outros, males que padece... Ler máis
Responsables do PP asegurar que o goberno galego paralizou a iniciativa para a creación de un “polígono supramunicipal” nas inmediacións de Alcoa en terreos do concello de Cervo... Ler máis
A xunta de goberno municipal reclámalle a Fomento que subsane as deficiencias que quedaron na obra da autovía do Cantábrico o paso polo consello de Ribadeo. Según o alcalde de Ribadeo, Ferna... Ler máis
Ministerio de Fomento e Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte coinciden en suprimir servizos na carretera da costa e incrementar as medidas represivas coa anuencia... Ler máis
O premio á mellor tapa foi para o bar Costa Verde pola súa “milfollas de cabaciñas con solombo de porco e mazá reineta”; o premio á mellor tapa tradicional, que este ano tiña que... Ler máis
Alcaldes de concellos de A Mariña mantiveron unha reunión con responsables da consellería de Traballo para procurar a posta en marcha do Pacto territorial polo emprego da comarca da Mariña.... Ler máis
Inícianse en Ribadeo os IV Foros permanentes para a muller que consistiran en charlas, obradoiros e conferencias nas que se trataran temas de diversa índole como saúde e o coidado persoal, e... Ler máis
Unha plataforma para a “defensa del sector pesquero” pide apoio e solicita asistencia a unha manifestación que se celebrará en Madrid o día 30, diante o Ministerio de Pesca, como... Ler máis
Nunha demostración explícita de infrautilización de recursos, dilapidación de medios, incapacidade de xestión e despreocupación pola utilización do que é público, a consellería de Pesca do G... Ler máis
A terceira e última etapa da I Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo sairá ás dez e media da mañá da Avenida Arcadio Pardiñas “desde a zona do Campón para ir ata San Cibrao, volta despois... Ler máis
Según o convenio entre o concello de Cervo e a promotora, esta debía ingresar nas arcas do concello 363.574 euros antes do 30 de Abril, indica nunha nota de prensa o BNG. “A promotora solici... Ler máis
Leopoldo Calvo Sotelo finou en Madrid o sábado, dous de maio, ós 82 anos de edade. O pasamento do ex presidente do goberno de español foi inesperado. Madrileño de nacemento, Calvo Sotelo est... Ler máis





















Os cortes de circulación aplicaranse desde as 12.15 horas ata a finalización da sesión vermú e, de novo, desde as 20.30 horas ata o remate das actividades festivas en ambas as dúas xornadas. O Concello agradece a comprensión da veciñanza e recomenda planificar os desprazamentos tendo en conta estas restricións temporais.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continúa o sábado, a partir das 19.00 horas, coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
As persoas asistentes poderán degustar a tradicional merluza de pincho preparada en diversas elaboracións, nun ambiente festivo que se completará con animación musical para gozar dunha noite de sabor, encontro e bo ambiente.
A organización, a cargo da Asociación R.C.M. Amigos de Monte Castelo, abrirá a venda de parcelas os días 21 e 22, en horario de 18:30 a 20:30, primeiro para confirmar as reservas do ano anterior e despois para repartir as libres. O venres terá lugar a misa na igrexa de Vila do Medio ás 20:00 e, xa pola noite, a actuación do grupo Pekados e o DJ Balbi. O sábado comezará coa sesión vermú a cargo de SP The Sound Project, seguida do concurso de disfraces, xogos infantís, tardeo con DJ Pepu, bingo musical con Marisa Prisa e unha verbena con Pantera Rosa e Gin Toni’s. O domingo celebrarase a misa e procesión en honra á Nosa Señora das Marabillas ás 13:00, e a sesión vermú correrá a cargo do dúo Épok. A romaría conta coa colaboración do Concello de Burela, ABSA e Ledicia, ademais de numerosos establecementos locais.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.



