A Concellería de Cultura organiza unha viaxe a Santiago. Será o vindeiro sábado 19 de xuño. A saída será ás 8 da mañá desde Reinante e coas paradas habituais e o regreso está previsto para a... Ler máis
O centro social de San Cosme acollerá o mércores 16 de xuño ás 11 da mañá un espectáculo para todos os públicos. Trátase da actuación de Animar-T que porá en escea Lara, aprendiz de maga. O... Ler máis
A Delegación de Medio Ambiente de Ribadeo informa da aparición dun can de raza cocker de cor negra que foi localizado nas últimas horas na vila. Leva un chip, pero foi imposible ler a súa id... Ler máis
Integrantes da asociación Mulleres de San Ciprián realizaon unha visita guiada ó Parlamento de Galicia esta fin de semana en resposta a unha invitación do Secretario da Cámara galega e tamén... Ler máis
Foron entregados os premios aos nenos laurentinos gañadores do certame de narración e debuxo “Letras Galegas 2010” que xiraba en torno á temática da CIDADE. No acto, os nenos rec... Ler máis
O recital de percusión terá lugar o vindeiro luns 14 de xuño na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo a partir das 20:30 horas. Será ofrecido polos alumnos de último curso dos conser... Ler máis
Unha técnica da empresa de enxeñería de sistemas medioambientais Ingesyma ofreceu onte unhas charlas nos dous colexios de Educación Primaria do municipio abordando cuestións como o reciclaxe... Ler máis
O centro social de San Cosme acollerá o vindeiro domingo 13 de xuño a actuación de Ksiloco (mimo-clown), un espectáculo onte o clown máis clásico xoga tamén a aprendiz de mago e músico. Será... Ler máis
A parroquia ribadense de Vilaselán celebra o domingo 13 de xuño as festas en honra a San Antonio. Ás 12 haberá misa solemne seguida de procesión e a continuación sesión vermouth con orquéstr... Ler máis
O próximo sábado, 12 de xuño, a partir das 21 horas, na igrexa de Sargadelos terá lugar un festival de música relixiosa, con temas sobre o Espírito Santo. Esta organizada pola Unidade Pastor... Ler máis
Estudantes dos cursos de terceiro, quinto e sexto de primaria do colexio público Fondo Nois de Foz visitaron o Parlamento de Galicia xunto con varios profesores. Foron recibidos polo mariñán... Ler máis
A Asociación Levada Libre de Tui ten prevista unha homenaxe a Prieto Coussent (Ribadeo,1906 – Granada,2001) o vindeiro 26 de xuño. Como limiar a este acto o Concello de Ribadeo e a Asociació... Ler máis
O grupo de teatro Nova Escena de Lugo representou a pasada fin de semana en Barreiros unha obra de teatro á que asistiron ducias de veciños. Ler máis
O xoves día 10, a partir das 20:00 terá lugar no centro un acto de encontro coas empresas colaboradoras na Formación en Centros de Traballo da Formación Profesional. No transcurso do mesmo,... Ler máis
O pasado xoves día 26 co gallo da visita organizada por SOGAMA con motivo da Semana do Medio Ambiente para os concellos que participan no Programa de Compostaxe Doméstico. O mesmo día foron... Ler máis
Unha ofrenda floral aos náufragos que tivo lugar esta mañá no porto de Burela puxo punto finala aos actos das festas patronais que viviron os días grandes durante a fin de semana. Ler máis
A concellería de Medio Ambiente do Concello de Cervo, que preside a popular Pilar Armada, distribuíu esta mañá camisetas alusivas ao respecto do Medio Ambiente co slogan “Cervo Respecta” ent... Ler máis
A asociación Pasada das Cabras de Burela, realiza o sábado, día 12 de xuño, unha etapa, a sexta, do Camiño de Santiago, de Arzúa a Pedrouzo, 20 quilómetros, de dificultade baixa. A saída de... Ler máis
O grpo Talía Teatro actuou no salón de actos do centro cívico de Xove onde representou a obra “”Valentino Rufini e akil pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)” para 1... Ler máis
Campionato de Kárate Concello de Burela que se desenvolveu o pasado 2 de xuño no pavillón Vista Alegre. No evento participaron 36 karatekas de distintas categorías das Escolas Deportivas Mun... Ler máis
A concelleira Lucía Bouza, da delegación de Medio Ambiente de Burela, visitou aos nenos dos colexios Vista Alegre e Virxe do Carme que participaron este días nas actividades realizadas por G... Ler máis
Venres 4 de xuño, 6 da tarde, na OMIX, entrega de Diplomas do Curso PHOTOSHOP CS2, o cal tivo lugar dende o 19 de abril ao 31 de maio de 2010, os martes e xoves de 15:45 a 17:15 horas. No me... Ler máis
Día Mundial do Medio Ambiente 2010: O noso territorio, a nosa identidade. Este vindeiro domingo 6, ás 12h na Praza do Obradoiro de Compostela, ADEGA e outras organizacións ecoloxistas e soci... Ler máis
A Concellaría de Muller e o CIM de Ribadeo teñen previstas varias actividades para este mes de xuño. Voltan os Domingos a pé e haberá tamén unha viaxe ao balneario de Guitiriz. Os Domingos a... Ler máis
A Delegación de Medio Ambiente ven de colocar un contenedor para o depósito do aceite de uso doméstico en Vilaframil, fronte da igrexa. Horacio Cupeiro sinala que “dará servizo á Devesa, Rin... Ler máis
O venres 5 de xuño, ás 20.30 horas, no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro, Nicolás Gómez Naval,trompa; Nelly Iglesias Ríos, piano e Iván Vale Fraga, voz; ofrecen un Concerto para Trompa e Piano.... Ler máis
As Escolas Deportivas de O Valadouro, celebran o mércores, 2 de Xuño, a clausura da temporada 2009 – 2010. Ás 18:00 horas, exhibición de patinaxe artístico a cargo dos alumnos das Escolas De... Ler máis















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



