Lourenzá, 9 de outubro de 2026. A alcaldesa, Rocío López, anuncia que o Concello de Lourenzá súmase á conmemoración do Día Mundial do Cancro de Mama, “reafirmando o seu compromiso coa preven... Ler máis
O Pleno aprobou a integración do Concello no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a solicitude de inclusión no programa, que contará inicialmente cun máximo de 15 persoas u... Ler máis
A xunta de goberno autorizou investimentos para varios servizos e accións no eido social, como un obradoiro comunitario en Ribeira de Piquín, equipamentos nas residencias de maiores e a Mill... Ler máis
Ribadeo, 9 de outubro de 2026. Este domingo, día 11, chega a Ribadeo a campaña Comercio Compensa, impulsada pola Xunta de Galicia e por Comercio Galego. As persoas que realizasen compras ou... Ler máis
Grazas á implantación deste servizo, a veciñanza de Xove dispón dun canal directo de comunicación co Concello para informar dos desperfectos detectados no municipio. Liña Verde promove as bo... Ler máis
A xornada celebrarase este domingo, 11 de outubro, na Sala Cultural Xosé Vizoso, no edificio das Carboeiras, en Sargadelos, con dúas conferencias abertas ao público, ás 18:00 e ás 19:00 hora... Ler máis
Burela, 9 de outubro, 2026. A Alcaldía de Burela trasladou hoxe a súa preocupación polos roubos que se están rexistrando nos últimos días en distintos puntos da Mariña, incluíndo algún caso... Ler máis
Lugo, 8 de outubro de 2026. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, e representantes da Federación galega pola cultura marítima e fluvial (Culturmar) mantiveron hoxe unha... Ler máis
Cervo, 9 de outubro, 2026. A parroquia de San Román de Vilaestrofe celebrará os días 11 e 12 de outubro as súas festas na honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carme, cun programa que combina... Ler máis
Alfoz, 9 de outubro, 2026. O Concello de Alfoz vén de executar e certificar as actuacións de modernización e accesibilidade da ruta Pena Abaladoira–Fervenza de Escouridal, na parroquia do Pe... Ler máis
A Mariña, 9 de outubro de 2026. A FCAM promociona as compras no comercio da Mariña con dúas mil bolsas de tela. A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explicou que “dentro da campaña De compr... Ler máis
As inscricións para participar no torneo de tute por parellas estarán abertas do 13 ao 16 de outubro na conserxería do Concello. O resto das actividades serán de acceso libre e non precisará... Ler máis
A modificación orzamentaria que se aprobou esta tarde no pleno permitirá executar a renovación do graderío e vestiarios do Complexo Deportivo A Veiga, a humanización da contorna do Museo do... Ler máis
“Parécenos unha falta de respecto total que o equipo de goberno, os socialistas de Foz, se poñan agora a limpar o alcantarillado e as cunetas unha vez que pasou a tormenta. Isto é unha falta... Ler máis
A Interfederativa de Confrarías analiza en Foz a sustentabilidade e rendibilidade da pesca artesanal
Foz, 8 de outubro, 2026. Foz acolle os días 8 e 9 de outubro unha nova edición da “Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste”, un encontro que a Federación Provincia... Ler máis
A feira desenvolverase o 10 de outubro na Praza de Santa María e nas rúas de Ferreira, con exposición e venda de mel, degustacións, obradoiros, música e actividades infantís O Valadouro, 8 d... Ler máis
Ribadeo, 8 de outubro de 2026. Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que diferentes expertos analizarán o presente e o futuro do sector. O alcalde, Dani Vega,... Ler máis
Daniel Castro denuncia o mal estado do centro: humidades e filtracións, aseos en estado insalubre, desprendementos ou barreiras de accesibilidade Santiago de Compostela, 8 de outubro, 2026.... Ler máis
Viveiro, 8 de outubro, 2026. A campaña “Viveiro conta e o seu comercio tamén” iniciouse o pasado 28 de setembro e rematará este 10 de outubro cun gran sorteo final, despois de repartir miles... Ler máis
Cervo, 8 de outubro, 2026. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias mantiveron un encontro con representantes da Associaçao Saúde na Comunidade de Cabo Verd... Ler máis
Ribadeo, 8 de outubro de 2026. Acisa Ribadeo pon a disposición dos seus asociados e asociadas novos materiais gratuítos para hostalería. Trátase de 15.000 bolsas de comida para levar. A pres... Ler máis
A subdelegada do Goberno destaca a coordinación das forzas e corpos de seguridade para garantir o desenvolvemento das festas entre o 17 e o 24 de outubro Mondoñedo, 8 de outubro de 2026. Oli... Ler máis
Viveiro, 8 de outubro, 2026. O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha unha nova edición dos xoves de tapeo co regreso do Juepeo, unha proposta gastronómica que leva xa 11 anos c... Ler máis
Cervo, 7 de outubro, 2026. O Concello de Cervo continúa avanzando na mellora e modernización do Polígono Industrial de Cuiña, en San Cibrao, onde se están a executar as obras de mellora da a... Ler máis
Ribadeo, 7 de outubro de 2026. A empresa produtora de setas Shiifos integrouse recentemente na Asociación de Comerciantes, Industriais e Servizos (ACISA) de Ribadeo para “apoiar o comercio l... Ler máis
Cervo, 7 de outubro, 2026. O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario de Alcoa no marco dun novo Plan Acción. Neste caso o proxecto do centro, denominado... Ler máis
Ribadeo, 7 de outubro de 2026. A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo de calidade que potencia o Concello de Ribadeo. A norma establec... Ler máis
Alfoz, 7 de outubro, 2026. Alfoz celebrará o domingo 25 de outubro o XXXII Festival da Terceira Idade, unha xornada de convivencia dirixida ás persoas maiores de 65 anos ou pensionistas empa... Ler máis
Alfoz, 7 de outubro, 2026. Alfoz pon en marcha unha nova edición de ActivaMENTE, o programa municipal dirixido a pensionistas e persoas maiores de 55 anos que promove o envellecemento activo... Ler máis

















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



