Lugo, 3 de xullo, 2026. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participaron hox... Ler máis
O Deputado Miguel Fernández participou na inauguración dun workshop internacional do proxecto LIFE Wild Atlantic Nature, un acto que se celebra no instituto IBADER e que serve para o interca... Ler máis
Miguel Fernández participou na presentación da 5ª edición da Feira de Primavera de Emprendedoras, que este ano leva de título Artesanía e Innovación no Rural e que se celebrará na Praza Maio... Ler máis
O concelleiro popular Miguel Fernández sinala que “lamentablemente temos que seguir denunciando a falta de mantemento das infraestruturas municipais por parte do señor Cajoto, resultado das... Ler máis
Nesta edición resultou gañadora Andrea Fernández Maneiro, natural de Vilagarcía de Arousa, co seu poemario Meridiano orixe. Acto seguido á entrega do galardón, tivo lugar o pregón das Festas... Ler máis
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento asistiu a esta cita, declarada de Interese Turístico Galego, e que ten lugar esta fin de semana Lugo, 10 de agosto de 2024. O Deputa... Ler máis
Lugo, 18 de xullo de 2024. O Vicedo acollerá o venres 26 e o sábado 27 de xullo a sétima edición da Romaxe Viquinga, que foi presentada hoxe na Delegación Territorial da Xunta en Lugo. Parti... Ler máis
A proba discorrerá pola localidade fonsagradina e contará cun percorrido de 15 quilómetros. Ademais, complementarase cun ‘minitrail’ de catro quilómetros polo Camiño de Santiago Lugo, 12 de... Ler máis
As actuacións musicais de Fillas de Casandra, Mondra ou Xurxo Fernandes amenizarán esta cita gastronómica, que conta cunha achega que supera os 40.000€ da institución provincial a través do... Ler máis
“Estas actuacións favorecen directamente a calidade de vida da xente, porque teñen que ver coa mobilidade e co besnestar”, sinalou o mandatario provincial, para quen a Deputación ten que act... Ler máis
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este mércores pola tarde en Muimenta na presentación da XXXIII Festa da Filloa xunto ao xerente... Ler máis
Os deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; e de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participaron xunto a outros membros da Corporación provi... Ler máis
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participaron este luns na concentración... Ler máis



















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



