Os afectados explican que nesta parroquia de Vilarente non existe saneamento municipal, nin abastecemento de auga. Advirten de que a traída municipal que abastece a este núcleo “é ilegal”, e... Ler máis
Actualmente, só hai un médico para atender a unha poboación de 2.300 veciños e veciñas, e a carga de traballo que está soportando o único sanitario é excesiva Abadín, 16 de agosto de 2022. “... Ler máis
Abadín, 30 de maio de 2022. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz denunciou unha vez máis o estado no que se atopa o patio do C.E.I.P. Aquilino Iglesia Albariño de Abadín. “E facémolo t... Ler máis
Abadín, 19 de abril de 2022. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz denunciou hoxe as carencias sanitarias que esta padecendo a veciñanza de Abadín, “xa que actualmente un dos tres médic... Ler máis
Abadín, 11 de abril de 2022. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz criticou hoxe a compra por parte do Concello dunha parcela por un importe 242.345 euros (honorarios aparte), e que con... Ler máis
Abadín, 5 de abril de 2022. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz criticou hoxe o talante antidemocrático do Alcalde e de todo o seu goberno, xa que foi incapaz de debater unha soa prop... Ler máis
Abadín, 8 de marzo de 2022. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz avanzou hoxe que rexistrou unha moción no Concello para demandar ao Goberno de Rancaño que adopte as medidas necesarias... Ler máis
Abadín, 13 de decembro de 2021. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz avanzou hoxe que defenderá unha moción no vindeiro pleno, para demandar ao Concello que inste ao Goberno de Feijóo... Ler máis
Abadín, 1 de outubro de 2021. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz denunciou hoxe un novo atropello político do Goberno de Rancaño, tras coñecer que se van instalar 11 aeroxeradores no... Ler máis
Abadín, 9 de setembro de 2021. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz denunciou hoxe o estado de abandono no que se atopa o patio do Colexio Público Aquilino Iglesia Alvariño no inicio d... Ler máis
Abadín, 3 de agosto de 2021. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz fíxose eco dunha denuncia veciñal sobre o mal funcionamento e o estado de abandono e mantemento da depuradora de Abadí... Ler máis
Abadín, 30 de xullo de 2021. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz agradeceu hoxe o traballo do Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca e a todo o seu equipo no ente provincial... Ler máis
Abadín, 23 de xullo de 2021. “A veciñanza de Abadín non pode nin debe esperar un minuto máis para que o proxecto da residencia de maiores sexa unha realidade. Por iso emprazamos ao goberno d... Ler máis
Abadín, 18 de xuño de 2021. Os socialistas de Abadín demanda axudas ao Concello para que incentive prestacións económicas destinadas ás familias por nacementos, adopcións ou acollemento. Así... Ler máis
Abadín, 8 de xuño de 2021. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz avanzou hoxe que rexistrou a petición da celebración dun pleno extraordinario, polo incumprimento do Alcalde xa que non... Ler máis
Abadín, 21 de maio de 2021. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz avanzou hoxe que presentou unha moción, para ser debatida no vindeiro Pleno, co fin de que o Concello se implique econo... Ler máis
Abadín, 21 de abril de 2021. “As veciñas e veciños de Abadín sofren unha vez máis a incompetencia do Alcalde, tras comprobar o estado das pistas da concentración parcelaria de Fanoi”. Así o... Ler máis
















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



