Cervo, 11 de abril, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Cervo expuxo no pleno deste xoves a súa preocupación pola existencia de irregularidades na xestión dos Servizos Sociais municipais,... Ler máis
Cervo, 6 de febreiro de 2026. O Grupo Municipal Socialista de Cervo levou ao pleno do xoves unha batería de preguntas sobre o episodio ocorrido a pasada semana no Servizo de Axuda no Fogar (... Ler máis
O PSdeG cualifica os feitos de extrema gravidade e anuncia que levará a situación ao Parlamento de Galicia e ao vindeiro pleno municipal para esixir explicacións e garantir a protección das... Ler máis
Cervo , 5 de setembro de 2025. O Grupo Municipal Socialista de Cervo levou ao pleno celebrado este xoves unha moción para denunciar a precariedade da atención sanitaria no municipio e reclam... Ler máis
Lara Méndez puntualiza que a xerencia da Área Sanitaria “non dixo nunca que fora mentira, pero prohibiron poñer carteis informativos” Santiago de Compostela, 09 de xullo de 2025. A parlament... Ler máis
A voceira socialista, Mª Luján Ramos, alerta de que só haberá un médico para os dous centros e non haberá atención programada Cervo, 1 de xullo de 2025. O PSdeG-PSOE de Cervo denuncia os gra... Ler máis
O encontro celebrado hoxe contou coa participación do Delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, e da Deputada no Parlamento de Galicia Patricia Otero, e reuniu a alcaldes e... Ler máis
A candidata asegurou que se presenta á Alcaldía “porque mo pediron moitos veciños, porque me sinto preparada para este novo reto e, sobre todo, porque quero o mellor para o noso pobo e a súa... Ler máis
“Emprazamos ao Concello de Cervo a que inste á Consellería de Sanidade para que cubra a totalidade do cadro de persoal dos dous centros de saúde de Cervo”, dixo Luján Ramos Cervo, 5 de abril... Ler máis
Crítica coa actual situación da política municipal, a alcaldable socialista sinalou que “non se pode estar de festa en festa todo o día, e desatender as obrigas máis básicas do Concello, com... Ler máis
Francisco Mon lamentou a falla de sensibilidade e de empatía do PP, trala celebración da sesión plenaria de xullo, “na que votaron en contra de dúas iniciativas para demandar melloras sanita... Ler máis
Francisco Mon dixo que “a pesar de que o equipo de goberno do PP ten maioría absoluta, e cargos de confianza en nómina, é absolutamente incapaz de elaborar un orzamento para o ano 2022” Cerv... Ler máis
Acusan ao PP de amordazar á veciñanza, “xa que se negaron a debater a proposta para instar á Xunta de Galicia a que cumpra co mandato do Parlamento Galego para a instalación da planta de fib... Ler máis



















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



