“Sen médicos no rural non hai futuro para Lugo: ou reforzamos a sanidade pública, ou estaremos certificando o abandono da nosa provincia”, alertou Pilar García Porto Lugo, 26 de marzo de 202... Ler máis
A secretaria de Organización do PSdeG visitou o municipio lucense con motivo dunha xornada de transferencia de boas prácticas con alcaldes e alcaldesas asturianos e destacou proxectos como a... Ler máis
O Presidente, José Tomé Roca, e o Alcalde, Roberto Fernández Rico, asinaron un acordo polo que a institución provincial aporta 83.000€ ao Concello, o que lle permitirá ampliar o uso social e... Ler máis
O Deputado de Recursos Sostibles, xunto ao Alcalde, asistiu a esta clásica cita do 1 de maio, que reuniu nesta localidade mariñá a centos de amantes e afeccionados da pesca de toda Galicia,... Ler máis
O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, asistiu este sábado á 13º edición da Festa do Viño de Negueira de Muñiz, unha cita que congregou a centos de persoas no municipio da... Ler máis
O mandatario provincial puxo en valor a iniciativa do rexedor, que “aproveita as infraestruturas existentes e a riqueza natural da Ribeira para crear actividade económica e emprego no munici... Ler máis
O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, participou este domingo na clausura da 39ª edición da Mostra Exposición de Muimenta (MOEXMU) e na entrega de premios dos diferentes... Ler máis
O Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, demanda ao Conselleiro de Sanidade que dea explicacións “pola falla de médico no centro de saúde no Chao do Pousadoiro” Ribeira de Piq... Ler máis
Os deputados de Recursos Sostibles e Participación Cidadá participaron este sábado nunha xuntanza de traballo para abordar a organización da XXXIX edición da Moexmu Lugo, 17 de marzo de 2022... Ler máis
José Tomé Roca visitou as instalacións que a institución provincial ten en Castro de Rei e o novo carro mesturador, que mellora a eficiencia do centro, así como a alimentación dos animais Lu... Ler máis
A institución provincial conta un ano máis cun espazo propio neste evento único no calendario de feiras comerciais internacionais que dedicará o sábado á provincia de Lugo Lugo, 9 de novembr... Ler máis
A institución provincial impulsa con 40.000€ esta iniciativa de apoio, formación e asesoramento gratuíto a negocios liderados por mulleres do rural lucense como parte da súa estratexia para... Ler máis
A Corporación, grazas a unha proposta socialista, aprobou solicitar a comparecencia do Conselleiro de Medio Rural no Parlamento “para dar explicacións e asumir as súas responsabilidades ante... Ler máis
O Deputado de Recursos Sostibles sinalou a importancia do sector primario en xeral e do gandeiro en particular para “garantir o futuro do noso rural” porque se trata dun sector “que fixa pob... Ler máis

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



