A MARIÑA .- A Xunta de Persoal da área norte, asegura que a Consellería de Sanidade decidiu “deixar sen radiólogo de garda o Hospital da Costa” e manifesta a súa adhesión as reivindicacións da Plataforma Sanitaria en defensa da Sanidade Pública da Mariña.
Nota e Prensa
A Xunta de Persoal da área norte, quere manifestar a súa adhesión as reivindicacións da Plataforma Sanitaria en defensa da Sanidade Pública da Mariña, e por en coñecemento dos cidadáns da Mariña da ultima decisión da Consellería de Sanidade de deixar sen Radiólogo de garda o Hospital da Costa.
Esta medida suporía que varios hospitais (inicialmente os hospitais comarcais) compartirían a un único radiólogo de garda, que informaría todos os estudos radiolóxicos solicitados desde todos os Servizos de Urxencia e todas as exploracións urxentes dos pacientes ingresados nos Hospitais.
Isto obrigaría a derivar en ambulancia, a unha distancia considerable, a mais de 100 km, aos pacientes que requiran dunha ecografía ou un estudo radiolóxico intestinal con contraste.
“No caso de que, por exemplo, un accidentado precise dunha ecografía urxente que se fará, ¿trasladarase o paciente a Lugo xogando ca súa vida?, ¿iniciarase unha intervención cirúrxica sen diagnostico fiable?, é esta a calidade e a cercanía que nos queren ofertar co novo modelo de xestión?.
A eficiencia e a calidade nos servizos de radioloxía non pasa por informar arreo e desde un punto remoto exploracións de pacientes descoñecidos, solicitadas por médicos descoñecidos, senón realizando unicamente as exploracións necesarias, segundo protocolos de consenso. Con respecto a isto hai que ter en conta que esta Consellería paralizou o Plan de Mellora de Atención Primaria.
O argumento da escaseza de radiólogos carece de fundamento xa que neste hospital temos facultativos para facer gardas, que teñen demostrada sobrada capacidade de traballo.
Dada a grave situación que esta Comarca está a vivir, pedimos a os cidadáns da Mariña que acudan a manifestación do sábado dia 26 as 12h convocada pola PLATAFORMA SANITARIA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA e manifesten o seu desacordo coas medidas da Consellería.

























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.



