Nota de prensa
A BILLARDA NA FESTA DO REQUEIXO E NO FESTIVAL DA CHAIRA
Os Torneos de Billarda sucédense sin trégola perante o verán reclutando novas franquicias de palanadores como é o caso dos SPARTAK de Muimenta que tomarán parte no próximo campeonato regular da LNB logo de probar con éxito as súas forzas nos dous abertos que no espazo de unha semana se realizaron na terra chá.
O primeiro foi o día 10 de xullo no circuito de cars da Pastoriza. Participaron mais de trinta palanadores que loitaron duramente baixo os raios dun sol ardente e donde resultaron vencedores: 1º Luis de Portonovo, 2º Geni de Ribadeo e 3º Marcos de Remourelle. Como peche da xornada algúns dos presentes poideron acompañar de copilotos aos irmáns VALLEJO nunha demostración de dominio do volante no circuito.
O segundo foi o Aberto do Festival da Chaira, en Baltar. A carón do rio e logo dun sabroso e abundante xantar campestre, regado co “Escumoso Bieiteiro” (un novo e refrescante cava galego ¿?), fixo o seu debut oficial “Extensión Agraria”, grupo no que, ao que se puido ver, ten cabida todo aquel que sepa tocar algún instrumento musical. (Non é que o fixeran tan mal, pero houbo quen pensou que tiveron moito que ver en que o día soleado se tornara oscuro e acabara por chover a rego cheo.
No campo da festa e acompañados polas probas de sonido dos grupos participantes no Festival, deu comezo o aberto de billarda con algo mais de corenta participantes que se iban eliminando a medida que o día se iba oscurecendo. Os que acadaron as semifinais acabaron enchoupados de agua, pero ainda así o torneo continuou ata acadar unha final a tres na que resultaron gañadores: 1º Ivan de Portonovo, 2º Reyes de Ribadeo e 3º Xermán de Lourenzá. Ámbolos tres recibiron os correspondentes trofeos e o Campión además será agasallado con un Xabarí.
A Billarda non paaara…




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.