Nota de prensa:
O Grupo Municipal Socialista fai un repaso das súas intervencións no Pleno Ordinario do pasado xoves.
No pleno municipal celebrado o pasado xoves no Concello de Foz, o grupo Socialista presentou unha moción para instar a Xunta de Galicia o apoio ao Centro de Recría na Granxa Gaioso-Castro unha iniciativa na que xa levan xa investidos mais de 6.000.000 de euros e que permitirá os nosos gandeiros a recría da súas reses en Galicia sen ter necesidade de facelo fora da Comunidade, como esta sucedendo na actualidade en moitos casos. O Alcalde de Foz, Sr Castiñeira alegou que si a Deputación non tiña cartos non se meterá a facer estes programas e así non tería que andar pedindo que lle axudase a Xunta. Ao que o Sr. Val Alonso, Concelleiro Socialista, contestou que parecía mentira que o PP non quixera axudar a algo tan importante e vital para economía dos gandeiros nestes momentos tan difíciles; e que a Deputación contaba con presuposto para continuar con este proxecto. A moción quedou aprobada na votación cos votos a favor do PSOE, UNIFOZ e BNG; o PP votou en contra.
O PSOE tamén presentou una moción para solicitar a retirada da subida do IBI aos cidadáns por parte do Goberno do Sr.Rajoy. O Portavoz Socialista, Sr.Rivera, manifestou o seu descontento coas políticas económicas, que esta tomando o Goberno Central, considerando que o Sr Rajoy enganou e mentiu cando dixo que non ía a subir os impostos e co pronto esas palabras se volveron papel mollado, boa mostra desto é subida da Contribución Urbana e Rústica, IBI, que e unha carga moi grande, a liña de flotación de moitas familias, posto que a subida chega nalgúns casos a mais do 10%. O Alcalde díxolle o Sr.Rivera que o Catastro de Foz levaba tempo sen actualizarse e que se tiña que facer esa actualización, ao Sr.Rivera contestou, que non o vía necesario, debido que os veciños de Foz xa pagaban o que debían de pagar e que nestes momentos non se deberían gravar con mais impostos mais as economías familiares, maxime cando os gobernantes do PP en menos de dos meses conxelaron o salario mínimo interprofesional, subiron o IRPF, a auga, as cotas das escolas infantís e todo tipo de taxas. Esta moción foi aprobada cos votos a favor de PSOE, UNIFOZ e BNG, sendo votada en contra polo PP
No apartado de rogos a Sra Pérez Gradaille, concelleira socialista, transmitiu a petición do Consello Escolar do CEIP Nº 1 solicitando que se coloquen unhas portas novas pois as existentes están todas apolilladas.
Pediuse o Alcalde Sr. Castiñeira, e visto que na campaña electoral dicía, por activa e por pasiva, que o anterior Alcalde de Foz Sr. Rivera prometera ao Asilo una cantidade anual de 30.000€ e non daba crédito a que esa asignación fose soamente por un ano concreto, rógaselle que lle entregue logo ao asilo, e según o seu criterio eses 30.000€ dos que tanto falou, porque teñen problemas de calefacción e hai queixas.
Como último rogo, díxose que era triste ter que escoitar día si e día tamén o Sr Castiñeira que non hai cartos e incluso negalos a algunha asociación, para despois e por primeira vez na historia, ir dúas persoas a FITUR cando sempre acudía soamente o Alcalde en representación do Concello, rogamos tomen nota e nestes momentos complicados o que debemos é apoiar as familias con problemas e deixarnos de outras historias.
O Sr. Rivera preguntou si xa estaba, a zona do calvario, rozada e reparado o seu firme debido as deficiencias encontradas nesta rúa. A resposta foi, estase neso.
Preguntouse cal era o motivo que na rúa Illa Nova se saquen árbores e céspede e se coloque cemento. Sendo a resposta algo increíble, pois dixo o Sr Castiñeira, que esa Rúa non se coidaba xa cando Rivera era alcalde e a maiores os cans facían alí as cacas. Rivera manifestou o seu enfado e díxolle o rexedor que iso era mentira, e que debía de ser consecuente e coidar o medio ambiente e non cementar o que antes era natureza.
A última pregunta de Rivera foi para saber por que non se nomeou persoal de limpeza de garda para o domingo día 22 ,Festa do berberecho, para recoller todos os desperdicios tirados no Paseo da Rapadoira. Resposta nunca hai servicio de barrendeiros os domingos e que antes tampouco había. Rivera manifestou que iso non era certo que antes os domingos sempre había un retén e que daba pena ver como estaba todo abandonado dando una imaxe nefasta da nosa Vila.

















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



