Nota de prensa
XI Certame de Poemas de Amor
O xurado reuniuse o día 24 de febreiro para seleccionar os/as gañadores/as do XI Certame de Poemas de Amor. A participación neste certame foi de 51 dos cales hai que salientar os poemas recibidos de fora de Foz coa participación de xente de Lugo, Luarca, Burela, Ribadeo, Cee, Vilalba… na categoría de adultos.
A Biblioteca Pública quere agraceder a todos/as a participación neste certame e sintese satisfeita de que un certame destas características encontre oco entre xentes de todalas idades. Agradecer tamén aos patrocinadores Restaurante O Lar e Viaxes Rodríguez a súa xentileza na colaboración cos premios que ofrecemos.
Os/as gañadores/as foron os/as seguintes:
Categoría Infantil:
1º premio, con lote de libros e agasallo
“Mar de Neno” – Lucas Suarez López (4 anos)
Categoría Xuvenil:
1º premio,
“Lembranza de Verán” – Lorena Barrera López
Categoría de Adulto:
1º Premio, 100€ e noite de hotel para dúas persoas.
“A rapaza de Compostela” – Rubén Níñez Lorigados
2º Premio, 60€ e cea
“DÍgoche” – Emilio Basanta Villarino
A Biblioteca Pública de Foz organiza a entrega dos premios no vindeiro Festival dos Namorados que se celebrará o sábado día 3 de marzo ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura e que contará cunha presentación moi especial: a FILMACIÓN feita por Paco Piñeiro “FOZCEGOS POR AMOR” basada nunha histoira do libro “Foz, historias, contos e lendas” de Xesús Basanta Martínez e que recrea a historia de amor de Emérita e Nicanor.
Un traballo de 20 minutos, rodado en diferentes puntos da Mariña e con interpretes tanto do mundo do teatro como veciños en xeral que quixeron participar, e aos que hai que agradecer o inmenso traballo de caracterización e a realización e esforzo de Paco Piñeiro. Así como a idea, guión e recopilación de datos efectuados por Xesús Basanta Martínez e o seu interes en recuperar anaquiños da historia de Foz.
Así mesmo contará coa actuación do violinista Mijail Moriatov, con temática romántica que amenizará o acto.





















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



