Burela, 24 de setembro de 2019. A Concellería de Deportes organiza unha nova edición das escolas deportivas de inverno. O prazo de inscrición estará aberto do 25 ao 27 de setembro na Casa da Xuventude, en horario de 8:00 a 14:00 horas, e o prezo será de 8 euros ao mes por cada actividade. As escolas que se ofertan son: tenis, atletismo, patinaxe lúdico e como novidade haberá rutas en bicicleta. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, explica que esta tempada non haberá nin zumba nin patinaxe artístico, posto que estas dúas disciplinas eran impartidas por unha empresa contratada polo Concello e ao estar a Corporación Municipal en funcións a lexislación non permite facer estas licitacións.
O edil contou que “do día 25 ata o día 27 está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de inverno do Concello de Burela. O prezo de cada actividade vai ser de 8 euros mensuais e para anotarse hai que ir á Casa da Xuventude, en horario de 8:00 a 14:00 horas”.
Ramiro Fernández sinalou que “este ano as actividades que imos ofrecer van ser tenis, que é unha das clásicas que sempre estamos dando colaborando un pouquiño co club de tenis. Tamén imos ter atletismo, que era unha das actividades novidosas que presentamos este ano xa que había un compromiso para intentar que o atletismo teña tamén cabida no deporte de Burela e visto os éxitos que están colleitando os nosos corredores nas probas populares por alí por onde participan. Ademais imos ter patinaxe lúdico, que vai impartir Lucas, e outra novidade que imos incorporar despois do éxito que tivemos no verán, son as rutas en bicicleta”.
O concelleiro de Deportes dixo que “tíñamos outras dúas actividades, que nos daba unha empresa que contratamos, que era patinaxe artístico e zumba que non imos ter posibilidade de ofrecer este ano posto que como estamos en funcións a lexislación non nos permite sacar ese contrato que estaba caducado. En todo caso imos intentar buscar fórmulas para poder dar polo menos o patinaxe artístico, porque era unha actividade moi demandada polos participantes, pero non está nas nosas mans agora mesmo, estamos mirando a ver se ao mellor máis adiante podemos sacalo, pero agora mesmo ao estar o goberno en funcións non podemos licitar ese contrato, co cal temos que esperar a sacalo máis adiante”.
Fernández Rey pide desculpas “á xente que participaba nesta actividade, pero teñen que entender que a lexislación é a que é, a situación do Concello é a que é, e realmente non podemos facer nada máis para solucionar esta situación”.
O edil burelés anima “á xente a participar e a pasalo ben nas actividades. Eu penso que entre estas ofertas que facemos desde o Concello e tamén a oferta deportiva que teñen todos os clubs de Burela, a verdade é que Burela é un concello moi grande en canto á actividade deportiva e eu penso que están máis que cubertas as necesidades dos rapaces e rapazas para practicar deporte aquí”.
As escolas deportivas comezarán o 1 de outubro e rematarán o 22 de maio. A partires do vindeiro luns, 30 de setembro, farase pública a lista de admitidos na Casa da Xuventude e recolleranse os xustificantes de pago. As actividades serán impartidas por Iván Cao Lucas, o técnico de Deportes do Concello de Burela.






















A actividade puxo o broche final ao Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal cunha charla sobre a xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas, impartida pola psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, quen ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación. A sesión contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que destacou a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as persoas maiores. O Concello agradeceu a colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén, así como a participación de todas as persoas asistentes.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.
Trátase dun proxecto educativo pioneiro en Galicia que traballa a autoestima, a motivación e as intelixencias múltiples. A directora, Raquel Hermida, salienta que o programa busca fomentar o talento infantil a través de experiencias novas, traballo en equipo, creatividade e proxectos de emprendemento. A escola funcionará de 8:00 a 15:00 horas para facilitar a conciliación e ofrecerá talleres de oratoria, comunicación e intelixencia emocional, ademais de reforzo escolar, novas tecnoloxías e mecanografía. As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 982 58 50 98 ou no correo raquel@amarina.org.
O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
